Este venres 14 de Outubro, pola mañá, ás 11:30hs, en Ferrol, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia) imos dicir Basta ! Non podemos permitir que Vanesa e os seus dous fillos menores queden na rúa sen un teito para vivir con dignidade.
Imo-nos concentrar, para protestar, denunciar e reivindicar, unha vivenda digna e medios para poder vivir Vanesa e os seus dous pequenos, e para todas persoas que como Vanesa están sufrindo as consecuencias desta sociedade inxusta e insolidaria.
Xunto á reclamación dunha solución inmediata para a familia de Vanesa, imos formular tres esixencias mínimas, para solucionar ou paliar a situación das persoas afectadas polos 7 desafiuzamentos diarios, na súa maioría silenciosos que se producen na Galiza:
1ª Paralización inmediata dos desafiuzamentos.
2ª Creación dun parque público da Vivenda a través da mobilización de vivendas baleiras en mans de entidades financeiras e filiais inmobiliarias, fondos voitre, entidades de xestión de activos (incluídos os procedentes da reestruturación bancarias e entidades inmobiliarias).
3ª Garantir os subministros básicos (auga, enerxía, alimentación, medicación...), mediante medidas que superen as restricións que supoñen as medidas de esmola da Xunta de Galicia.
---
A situación de Vanesa, non só é inxusta, senón que é un sen sentido. Vivir en Vigo, unha cidade con milleiros de vivendas baleiras, máis de 325 mil en toda Galiza, e ter que abandonar a vivenda con dous nenos, porque as axudas sociais que recibía remataron, pasado o prazo de cinco anos, unha axuda para pagar a súa vivenda que sen ela élle imposíbel facer fronte ao alugueiro. Desde 2011 pagaba o alugueiro, até o de agora, coa axuda que percibía por mor do disposto na normativa da Xunta. Unha vez rematada comezaron-se a acumular as débedas.
Vanesa e os seus dous fillos de 9 e 6 anos van ser desafiuzados, por carecer de recursos económicos suficientes para poder vivir. Se non o remediamos e lle poñemos freo a esta inxustiza, verán-se na rúa sen un teito onde vivir. Terán que irse do piso subvencionado pola Xunta xa que terminado o prazo do "bono", non pode seguir pagando o alugueiro que pasou de 70 a 400 euros.
Vanesa carece de ingresos suficientes para poder vivir ela e os seus dous fillos menores. A familia de Vanesa, é unha máis das ducias de miles de familias galegas que se atopan en exclusion social. Miles de fogares galegos vive sen ingresos, sen retribución regular, segundo os datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA). A cifra ademais medrou de forma considerábel, con 5.200 fogares máis (un 17%), con respecto ao ano anterior.
Venesa ao deixar de percibir a axuda da Xunta, vai acumulando débeda porque cos aproximadamente 370 euros de ingresos mensuais, non pode facer fronte ao pago do alugueiro e alimentar aos seus fillos, ...
É dicir a propia Xunta é culpábel da débeda xerada, ao finalizar a subvención. O Partido Popular non entende que o dereito á Vivenda Digna non ten prazo. E, se o houbera sería cando desapareza a situación que levou a Vanesa e as miles de familias á situación de emerxencia habitacional. Cando remate-mos coa "Estafa" chamada "Crise", provocada pola cobiza e o latrocinio xeneralizado desa clase social apropiada da riqueza que posúe o poder económico e político, a través do partido Popular e poderosos lobyes socioliberais do PSOE que se empecina na construción do estado neoliberal... unha sociedade sen dereitos, sen benestar social, que empobrece a e arruína á clase traballadora que pretende converter en mercancía absolutamente todo, até o aire que respiramos.
"Como é posíbel que existindo tantos pisos baleiros non se logre un plan real é dar saída social a tanta vivenda baleira ou deshabitada".
"Como é posíbel que exista entón 38.300 familias sen ingresos e que o ano pasado se praticaran en Galiza 2.432 lanzamentos, é dicir, que practicamente sete familias cada día perdesen as súas vivendas datos que NON inventamos nós, son datos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia" din @s compañeir@s da PAH de Vigo.
@s compañeir@s da PAH de Vigo están intentando por todos os medios paralizar o desafiuzamentos, e que as administracións (local, autonómica, ...) garantan o dereito de Vanesa e os seus fillos a unha vivenda digna e adecuada.
Imo-nos mobilizar en toda Galiza, en Ferrolterra, quedamos este venres 14 de Outubro, ás 11:30hs na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia).
Desde Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra, xunto coa PAH de Ferrol e Comarcas, chamamos a participar neste acto de solidariedade, reivindicación e protesta.
VANESA NECESÍTA-CHE, TODAS AS VANESAS DE GALIZA NECESITAN-CHE NON LLES FALLES, O VENRES, 14 DE OUTUBRO MOBILIZA-TE.
Fonte: Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrolterra.
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon