A Plataforma presentou, na Casa do Concello de Ferrol, as súas análises, denuncias, preguntas, e propostas, en Rolda de Prensa sobre o Sistema de Saneamento e Depuración da Zona Norte da ría de Ferrol, despois dos últimos acontecimentos que remataron cunha reunión e preacordo co Presidente de Augas de Galicia, e os alcaldes de Ferrol e Narón (38 minutos e duración).
Esta Plataforma, como herdeira das loitas contra o cobro da taxa ilegal imposta polo goberno de Rey Varela, e herdeira da Comisión Social de Seguimento e Control Popular da implantación do sistema de saneamento, segue con preocupación os últimos movementos de Augas de Galicia e os acordos aos que ten chegado cos alcaldes de Narón e Ferrol.
As obras levadas a cabo polas empresas Acciona e FCC, cun custe de 37.610.169,49 millóns de €, e que eran responsabilidade nun 80% de AcuaEs, ente estatal Aguas de las Cuencas de España (a obra pagábase con fondos europeos nun 80% inicialmente, despois coa addenda ao convenio nun 77% e actualmente non sabemos a cantidade exacta), aínda non foron recepcionadas, só en 2014, as estacións de bombeo e depuración por Augas de Galicia sen que o sistema estivera en condicións de funcionar. A axudicación da posta a punto en primavera de 2014 foi asignada a Espina&Defin, S.L. O atraso na realización das obras, mesmo o tramo da Malata está sen rematar, fixo que se perderan unha parte importante dos Fondos Europeos que se agardaban para o financiamento da mesma. O anterior alcalde Rey Varela, nunha visita ás instalacións en xuño de 2014, aseguraba que ese mesmo verán, estaría funcionando a pleno rendemento.
* https://www.youtube.com/watch?v=d7DaXNrYrpsComo se demostrou na visita que realizou en setembro de 2015 o actual alcalde Jorge Suárez, e o concelleiro de Servizos nese momento, Bruno Díaz, as instalacións de Cabo Prioriño estaban nunha situación lamentable e nunca chegaran a funcionar. Eran tempos nos que o director de Aguas de Galicia, Gonzalo Mosquera, insistía en que se depuraba unha “parte importante das augas fecais de Ferrol”; eran tempos nos que o alcalde de Ferrol aseguraba que ía impugnar o convenio con Aguas de Galicia e que ía devolver a taxa ilegal cobrada por un saneamento inexistente.
* https://www.youtube.com/watch?v=d7DaXNrYrpsAgora, desde a Plataforma vemos con preocupación como despois dunha campaña de presión mediática por parte de Aguas de Galicia e o Partido Popular, denunciando a parálise do goberno municipal neste tema, o novo director, desde outubro de 2015, de Aguas de Galicia, Roberto Rodríguez, e antigo xerente do Consorcio Galego de Servicios de Igualdade e Benestar, chega a un acordo cos dous alcaldes, o de Ferrol e Narón, para que o sistema entre en funcionamento o 1 de abril deste ano, e será EMAFESA, e non Aguas de Galicia, quen xestione provisionalmente a depuradora de Prioriño, que pasará posteriormente a mans da mancomunidade de municipios da Ría.
* http://www.abc.es/local-galicia/20150903/abci-ferrol-agua-emafesa-201509022045.html
Desde a Plataforma esiximos:
1º Responsabilidades aos xestores de Aguas de Galicia, ente pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que preside Beatriz Mato, polo engano reiterado á cidadanía desta comarca en relación á situación da EDAR e o conxunto do sistema de saneamento, con defectos construtivos que fixeron imposible ate agora a súa posta en funcionamento.
2º Responsabilidades ao anterior alcalde de Ferrol, agora actual Conselleiro de Política Social, Xosé Manuel Rey Varela, xunto ao seu equipo de goberno municipal no período 2011-2015, por utilizar a mentira e o engano, cobrando unha taxa ilegal por un saneamento inexistente, co fin recaudatorio de facer frente aos gastos de arranxo dunha infraesrutura recepcionada por Augas de Galicia en estado deficiente. (Augas de Galicia non recepcionou as obras dos interceptores, recepcionou a EDAR que despois se asegurou que non podía entrar en funcionamento. As obras de reparación da EDAR está a pagalas EMAFESA).
3º Solicitamos que o alcalde de Ferrol informe da situación das xestións levadas a cabo diante da Fiscalía; dos termos do novo convenio con Aguas de Galicia e que pensa facer coa taxa que se cobrou de xeito irregular por parte de EMAFESA durante o goberno de Rey Varela.
4º Solicitamos que o alcalde de Ferrol aclare en que consiste o compromiso económico requerido por Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación y Medioambiente, para comezar co funcionamento do sistema de saneamento. Este concello perde poboación, xa baixamos dos 69 mil habitantes, e cada vez somos mais pobres, polo que sería insoportable, que se nos fixera pagar, vía modificación de crédito, ou vía imposto municipal, unhas obras que en todo caso son de interese xeral, e que pola mala xestión dos responsables políticos do PP, perdeu parte dos Fondos Europeos para financiarse.
4º Solicitamos urxentemente á cidadanía de Ferrol que tome consciencia da situación á que nos enfrontamos:
- Un sistema de saneamento que sigue en cuestión en canto á súa efectividade e un sistema declarado obsoleto pola Unión Europea, que mezcla augas pluviais e fecais.
- Un sistema que non cumpre con PXOM actual de Ferrol-Naron.
- Un sistema que presenta opacidade no proxecto e inconsistencia do mesmo na sua implementación.
- Un sistema de saneamento cun elevado custe enerxético (perto do 40% dos custos do sistema son gastos de enerxía eléctrica), e de mantemento (12 tanques de tormenta e a estación de bombeo que ten que elevar a auga a máis de 50 metros de altura na Malata), que imos ter que custear entre todas e todos.
- Unha mellora substancial desde o punto de vista de control de verquidos. Pode darse a situación que se realicen vertidos á Ria para rebaixar o custe enerxético como denunciaron os mariscadores da zona de Perillo na Coruña. Cumpriría pois instaurar un protocolo de control auditable de vertidos para evitar os intencionados ou accidentais.
- Control auditable de operacións de limpeza dos tanques e do equipamento que o precise, para evitar paradas de bombeo por dificultades nas aspiracións das bombas.
- Adaptación do saneamento ao PXOM actual que obriga a separar as augas residuais (pluviais e fecais), coas conseguintes reformas técnicas no sistema, comezando polos tanques de tormenta que aínda están por construír.
- Información veraz sobre os custos de depuración baseados en parámetros irrefutables como variación de caudais inverno/verán, custos eléctricos.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
Alexandre Carrodeguas.
Fernando Ramos Armesto.
Pablo Portero.
Bernardo Rego Gárate.
Lupe Ces..
remunicipalizacion.plataforma@gmail.com
https://plataformaferrol.blogspot.com.es/
____
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon