Presentación do libro "Actas do Congreso Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira (1914-1933)" o mércores 8 de marzo ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Participarán:
* Goretti Sanmartin Rei, Vicepresidenta da Deputación da Coruña
* Goretti Sanmartin Rei, Vicepresidenta da Deputación da Coruña
* Rosa Cal, investigadora participante no Congreso e no Libro
* Eliseo Fernández, coordinador do Congreso e o Libro
* Eliseo Fernández, coordinador do Congreso e o Libro
O libro, publicado grazas ao apoio da Deputación Provincial da Coruña a traves da súa imprenta, recompila as actas do congreso realizado no centenario de Hildegart que celebramos no Ateneo Ferrolán en decembro do ano 2014.
O 9 de decembro de 1914 nacía en Madrid Hildegart Rodríguez Carballeira. Filla da ferrolá Aurora Rodríguez Carballeira, Hildegart foi un importante personaxe da cultura e da política até o ano da súa morte en 1933.
Publicou unha decena de libros e foi colaboradora de publicacións periódicas como “Renovación”, “El Socialista”, “Orto” e “La Tierra”, ademáis de directiva das Juventudes Socialistas e da Liga para la Reforma Sexual. Estivo en contacto con importantes personaxes da época como Havelock Ellis, H.G. Wells ou Gregorio Marañón.
A súa vida e a súa tráxica morte a mans da súa nai, en decembro de 1933 (cando só contaba 19 anos), fixeron dela un personaxe recreado en novelas, obras de teatro e mesmo filmes, ademáis de investigacións históricas.
Cen anos despois do seu nacemento, o Ateneo Ferrolán considerou preciso convocar un Congreso arredor de Hildegart Rodríguez Carballeira, para lembrar a súa figura dende diversas facianas: ao tempo que tentar encadrar o seu pensamento no eido da liberación sexual e da crítica de esquerdas á II República, o Congreso quixo recuperar tamén a memoria das mulleres e dos colectivos femininos da súa xeración.
www.congresohildegart.ateneoferrolan.org
www.congresohildegart.ateneoferrolan.org
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon