O terceiro pleno para a aprobación da taxa, quedou suspendido logo de dúas horas de debate, fortes acusacións ao alcalde e tensións entre os colectivos que asistían ao pleno. Tomaron a palabra o representante da Plataforma, o Presidente do Comité de Empresa de Emafesa, e a Presidenta da Cofradía de Ferrol. O que quedou constatado, é que había intención de realizar unha posta en escena, onde a representante da Cofradía, o Partido Popular e o propio alcalde e o portavoz de FeC, Alvaro Montes, tiñan repartidos os papeis. Un pequeno grupo de mariscadores e mariscadoras, pertencentes a un sector do cabildo, escenificaron a mentira que levaba presente ao longo destes tres plenos, que se precisa unha taxa para que a depuradora comece a funcionar. Na intervención do portavoz de Ferrol en Común, Álvaro Montes, puideron-se escoitar afirmacións como "un servizo ten que ter unha taxa", ou "a cidadanía coa que me relaciono non fala de Socamex, nen de interceptores", afirmacións ben preocupantes vindo do concelleiro de Participación Cidadá, que debera estar preocupado por achegar á poboación o máximo de información sobre os temas do seu interese, e facilitar canles de participación. Saber quen é a empresa Socamex, o poder de decisión que ten sobre temas fundamentais como son a auga e o saneamento, que modelo de saneamento se nos impón, como se pretende financialo... é fundamental para que a cidadanía poida defenderse contra quen pretende unha e outra vez vulnerar os seus dereitos. "Xogo político", "aplauso fácil", "debate artificial", "discurso político interesado" eran os cualificativos para quen pretendiamos centrar o debate na defensa dos servizos públicos, na denuncia da trama e do negocio privado espúreo, e o roubo á cidadanía de Ferrol. Tamén contestou ao discurso do PP, que ven insistindo nunha "modificación da taxa", o único xeito de legalizar as ilegalidades cometidas durante o goberno de Rey Varela. Argumentou que a anterior taxa estaba derogada, polo que non había marcha atrás. "Nós estamos coa xente pobre, coa que sufre" en alusión á intervención da Presidenta da Cofradía, que pedía un consenso para aprobar a taxa, que até ese momento semellaba imprescindíbel para que a depuradora comezara a funcionar. No remate da súa intervención, Alvaro Montes solicitou un receso de portavoces, que Jorge Suárez ratificou en segundos. Á volta do receso, o alcalde dá por suspendido o Pleno, anunciando o compromiso de todos os grupos municipais menos o BNG, de buscar unha solución para que se poida comezar a depurar xa. O portavoz do BNG que non se sumara ao acordo, pediu insistentemente a palabra que lle foi negada polo Alcalde.
https://youtu.be/wUpK_JJTUKc
https://youtu.be/n39ezJsCeeE
https://youtu.be/io5WWxCgScw
O Pleno nos medios de comunicación:
A taxa de saneamento cae por terceira vez do pleno do Concello. | A taxa que permitiría a activación do saneamento de ría coa posta en funcionamento da depuradora, quedou por terceira vez sobre a mesa nun pleno extraordinario convocado sen consenso e que tivo como resultado a mellor das saídas para que a taxa non fose rexeitada, a retirada do punto da orde do día e a suspensión do pleno. | Diario de Ferrol - redacción ferrol - 22 de Marzo de 2017 (00:50 h. | Ir á Web.
O saneamiento encalla outra vez no pleno, suspendido tras dúas horas de debate bronco. | Ferrol 360 - RAÚL SALGADO / MERO BARRAL | Ferrol | Martes 21 marzo 2017 | 23:15. | Empezou bronco, incluíu un receso de máis de media hora de duración e acabou entre gritos e insultos. O debate plenario máis delirante que se recorda en certo tempo en Ferrol, aínda que non é menos certo que sobran experiencias, finalizou este martes como algúns poderían esperar: sen acordo. | Ir á Web.
A taxa volverá a un cuarto pleno. | A rifa sesión de onte suspendeuse tras un preacuerdo para desbloquear o saneamiento. | La Voz de Galicia - Rocío Pita Parada Ferrol 22/03/2017 11:48 | Difícil describir o sucedido onte no terceiro pleno extraordinario no que o goberno de Ferrol pretendía sacar adiante a súa taxa do saneamiento. | Ir á Web.
A taxa de saneamento volverá debaterse nun cuarto pleno en Ferrol . | A Galega - TVG . Publicado o 22/03/2017 14:59 . | No concello de Ferrol, a taxa de saneamento municipal volveu protagonizar un pleno tenso que acabou por se suspender. O público, enfrontado en dous bandos, interrompeu o debate en varias ocasións.. | Ir á Web.
Ferrol deixa nas pavías por terceira vez a taxa de saneamiento do auga. | El Correo Gallego - PATRICIA HERMIDA | 22.03.2017. | Tras un agitadísimo debate, a corporación de Ferrol pospuxo onte por terceira vez consecutiva a aprobación da taxa de saneamiento do auga. Durante un receso do pleno extraordinario, os grupos acordaron suspender directamente a sesión e deixar a tramitación do gravame para un cuarto intento. | Ir á Web.
PLATAFORMA NA DEFENSA DOS SERVIZOS PÚBLICOS, POLA REMUNICIPALIZACIÓN
Abonda de saqueo! Hai outras alternativas! Si se pode!
Pódese, débese e precísase!
Pódese, débese e precísase!
remunicipalizacion.plataforma@
https://plataformaferrol.
---
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon