O sábado 6 de maio, ás 11:15hs o “Tramabus” de Podemos estará diante da Planta de Gas de Reganosa, en Mugardos, para chamar a atención sobre as corruptelas e o pelotazo económico que fai posible este disparate, que permite que unha Planta de Gas, perigosa, innecesaria e antieconómica se localice no interior da nosa Ría.
O Comité Cidadán de Emerxencia convida á cidadanía, para recibilo e acompañalo durante esta parada (Rúa Penedo, A Pedreira, Mugardos, diante dos tanques de REGANOSA).
O “Tramabus” posto en marcha por PODEMOS é un vehículo que recorre o país, decorado con figuras políticas e empresariais para denunciar aos responsables da corrupción “profundizando nos principais protagonistas da trama política e económica que configura o poder en España”: Bárcenas, Aznar, González, Pujol, Blesa, Inda, Rajoy, Rato, son algúns dos seus protagonistas.
Sentenzas
Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.
Recursos
Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA
NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E
ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Información baseada na enviada por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
4 de maio de 2017 00:03
__________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon