martes, xuño 27, 2017

Ante a entrada na Ría do buque LNG Methane Princess, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este martes 27 de xuño, ás 8 da tarde, nun novo emprazamento, no Peirao de Curuxeiras, no Porto de Ferrol - Enlaces ás catro Sentenzas

Tags

Concentración do 15 de setembro de 2011, no Peirao de Curuxeiras, no Porto de Ferrol.

CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
 MARTES 27 DE XUÑO, ÁS 8 DA TARDE
NO PEIRAO DE CORUXEIRAS - PORTO DE FERROL

(NOVO EMPRAZAMENTO)

Este martes 27 de xuño de 2017, está prevista a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o "LNG Methane Princess", que procede do porto de Las Plamas de Gran Canaria, supostamente cargou inicialamente en Point Fortin (Trinidad and Tobago), cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, que que descargará nos tanques de Reganosa. O buque "LNG Methane Princess" é un buque cisterna fabricado en 2003 e actualmente navegando baixo a bandeira de conveniencia das Illas Marshall. O buque ten unha eslora total de 277 metros, unha manga de 43 e un calado de 11,4. A súa tonelaxe bruta é de 93.899 toneladas. Este buque de enorme porte, terá que entrar pola bocana da Ría e cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque LNG / GNL cargado, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 225 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.

Concentración sonora

Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora, este martes ás 8 da tarde , desta vez, nun emprazamento diferente do habitual, no Peirao de Coruxeiras no Porto de Ferrol.

Carta marítima, o LNG Methane Princess no peirao de Punta Promontoiro

Sentenzas

Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.

Recursos

Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.



Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
  • QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
  • CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !
  • MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !
  • PECHE XA !
  • PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
24 de junho de 2017 18:35
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon