Moción por un "Narón solidario có pobo saharauí"
A Moción será aprobada no Pleno posto que contou có apoio na Comisión correspondente de TEGA, PSOE, BNG e EU.
Abeledo explica que o do Sáhara Occidental é un conflito esquecido, pero tamén é un conflito agochado.
Cando os medios de comunicación deixan de falar dun conflito, dun drama humano, ese conflito, ese drama, non desaparece, continúan, pero faise invisible.
Cando isto acontece non é por casualidade, existe unha causalidade, normalmente son intereses económicos e xeoestratexicos os que agochan o problema.
O caso do Sáhara Occidental é o dun esquecemento forzado, o dun agochamento intencionado e interesado.
Precisamos de accións políticas que tenten sacar a luz a realidade e dan un recoñecemento ao Sáhara Occidental como nación ocupada ilegalmente por Marrocos.
En relación ao Sáhara Occidental faise necesario ter memoria, a mesma memoria histórica que aínda precisamos no Estado español.
Recuperando a memoria sobre a nosa historia entenderemos ata onde chega a nosa responsabilidade có Sáhara Occidental, este non é un conflito alleo ao Estado español, foi creado por España e temos o deber moral de non esquecer a un pobo irmá.
O Estado español ten unha débeda histórica có pobo saharauí, os deixamos tirados, os entregamos a Marrocos, o pobo español ten a obrigación moral de denunciar a situación da poboación saharauí que vive nos Territorios Ocupados por Marrocos, que sufre, sistematicamente, a violación dos seus dereitos máis elementais.
Por este motivo entendemos que cumprimos con un deber para có pobo saharauí ao traer esta Moción a Pleno.
Na Moción aprobaranse os seguintes acordos:
1) O Concello de Narón establecerá un marco de financiación estable estimando unha contía para cada neno e nena que veña a Narón dentro do programa de solidariedade Vacacións en Paz. A financiación debe considerar os gastos de desprazamento en avión que son, normalmente, os que máis problemas ocasionan a SOGAPS, por solicitar a compañía de avión o pagamento por anticipado.
2) Manter un encontro institucional co novo Delegado Saharauí en Galicia para tratar a situación actual do pobo saharauí e para debater sobre o novo marco de financiamento que se propón desde o Concello de Narón. Dito encontro será aberto a membros de SOGAPS.
3) Denunciar a sentenza ao Grupo de Gdeim Izik e solicitar ao goberno do Estado que se interese ante o seu homólogo marroquí e reclame a liberación destes 24 presos políticos que o único que fixeron foi defender o dereito de autodeterminación do Sáhara Occidental de forma non violenta, de acordo ao establecido pola Nacións Unidas, a Unión Africana e diversos organismos internacionais.
4) Solicitar que se manteña, ata que se celebre o Referendum de Autodeterminación, a consideración española dos Saharauís para que non teñan atrancos no seu desexo de asentarse no Estado español, e que, no seu defecto, se lles conceda asilo para evitar a súa deportación. En todo caso, lémbrase a obriga de respectar a lexislación internacional e se un menor solicita asilo non pode ser tratado coma un adulto.
5) Informar dos puntos tratados e dos acordos ao novo delegado saharauí en Galicia, Saad el Mami, e darase traslado desta moción ao goberno do estado.
GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN
Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
27 de setembro de 2017 10:33
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon