martes, setembro 12, 2017

Plan de Mobilidade e Regulamento de Participación Cidadá - desconformidade da Asociación Veciñal O Rosario do Inferniño co Goberno Local de Ferrol motivado pola ausencia de debate participativo


Plan de Mobilidade e Regulamento de Participación Cidadá


A Xunta directiva recibimos a comunicación do Documento do Plan de Mobilidade para información desta Asociación e sen comunicar a posibilidade de presentar alegacións e seus prazos polo que preguntamos se este documento está sometido a debate participación dos órganos do Regulamento de Participación Cidadá e con tempo suficiente dun mínimo de 10 días para  presentación de alegacións desde a súa comunicación.

Esta Xunta Directiva expresamos a nosa desconformidade co Goberno Local motivado á ausencia de debate participativo por desprezar o Regulamento de Participación Cidadá en vigor.

Pensamos que este debate se debería impulsar dende o goberno local a través dos órganos do Regulamento de Participación Cidadá como un  Foro Cívico de Urbanismo-Modelo de Cidade e a súa Comisión Permanente interna; Asembleas de Barrio para información e formulación de propostas ou os Consellos Sectoriais.

Non recoñecemos esta Participación do goberno local por tratarse de parches ou actos puntuais e illados. Entendemos a Participación Cidadá nos termos aprobados no Pleno pola unanimidade de grupos políticos e o impulso continuado da cidadanía.

Este goberno perdeu a oportunidade de formar, informar e debater temas importantísimos para a cidadanía, privando os dereitos cidadás aprobados no Regulamento de Participación Cidadá, vulnerando a vixencia deste REGULAMENTO que impulsou o movemento asociativo xunto a cidadanía.

Denunciamos o incumprimento dos acordos do Consello da Veciñanza do pasado 21 de decembro para o nomeamento da Comisión Permanente co fin  de impulsar e aplicar o Regulamento de Participación Cidadá.

Pedimos a inmediata convocatoria do Consello da Veciñanza para analizar e valorar o actual estado do Regulamento de Participación Cidadá e nomear a súa Comisión Permanente.
Saúdos

--
Asociación Veciñal 'O Rosario' - Inferniño

correo-e: avvorosario@gmail.com
www : orosario-inferninho.blogspot.com

Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
12 de setembro de 2017 18:29

__________________

http://www.ferrol.es/planmobilidade/

http://www.bcnecologia.net/es/proyectos/plan-de-movilidad-y-espacio-publico-en-el-concello-de-ferrol
_______________________________________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon