Informe da situación actual deste barrio do Inferniño para coñecemento xeral e demandar a atención do Goberno local
BARRIO DO INFERNIÑO
Esta directiva presenta as seguintes demandas as administracións públicas co fin de impulsar a boa convivencia da veciñanza.
Mención especial merece este tema da inmigración onde existe unha presenza de persoas de distintas nacionalidades que merecen atencións con programas de convivencia e integración social, Participación Cidadá, coñecemento costumes, gastronomía e intercambio culturais, lingua e cultura Galega, dereitos socio-laborais, ... etc.
A Educación dos fill@s debe ser unha responsabilidade de todas as administracións públicas e a comunidade educativa para esixir máis recursos para os Centros Públicos.
Demandamos programas de prevención de drogas onde a mocidade é vítima do ataque das mafias organizadas por ser o sector máis feble e prevención de delitos.
PRAZA DO INFERNIÑO
Consideramos que esta PRAZA DO INFERNIÑO representa o espazo público máis importante do barrio e unha das prazas máis vivas da cidade de Ferrol por seu uso e diversidade. Ten ZONAS ARBÓREAS E VERDES para uso e desfrute da cidadanía polo que debe ter un mantemento continuo en concepto de podas, zonas verdes, bancadas, papeleiras e mobiliario.
Denunciamos a retirada ocupación de camións de atraccións infantís PRIVADAS por longos períodos na zona central da Praza que entendemos unha PRIVATIZACIÓN continuada deste ESPAZO PÚBLICO para malestar das persoas maiores destes barrios .
Denunciamos tamén as repetidas escenas de adoutrinamento relixioso por megafonía para malestar dunha parte da cidadanía.
PARQUE INFANTIL
Destacamos o grande uso por parte dos nenos e nenas de todas as idades. Tendo en conta que estamos a falar de nenos/as de moi curta idade, demandamos do concello máis atención co lecer da infancia seguindo as normativas europeas e comunitarias de parques infantís en cuestión de seguridade, materiais, xogos, etc.
CENTRO COMERCIAL
O Centro Comercial ten as súas plantas superiores os locais comerciais baleiros motivada a súa mala xestión dos distintos gobernos municipais de Ferrol. Lembramos que uns 10 anos, un grupo de comerciantes e esta Asociación denunciabamos a mala xestión e incumprimentos do PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, pedindo o seu RESCATE.
Lembramos varias campañas enganosas para reivindicar a construción dunha gardería ou Ludoteca pública contemplada no PREGO DE CONDICIÓNS do Centro Comercial, onde indica textualmente na súa cláusula 1.2 - ...engadir un mínimo de 250 m2 de superficie edificable sobre rasante para destinala a un Centro de ensino, Preescolar- Gardería.
Nosa preocupación crece pola ausencia de proxecto dos gobernos municipais con este Centro Comercial para o obxecto que foi construído con investimentos de recursos públicos. Lembramos que está RESCATADO polo concello de Ferrol e intervido por decisión xudicial cunha DÉBEDA de case 500.000€.
Necesitamos coñecer o momento actual deste Centro Comercial e o seu futuro comercial.
APARCAMENTO PORTANOVA PARK S.A.
Nestes últimos anos en especial en xaneiro-2011 realizamos varias reclamacións e queixas ante o Rexistro Xeral Municipal do Concello de Ferrol para denunciar o abusivo cobramento nas TARIFAS da Empresa concesionaria PORTANOVA PARK S.A. e pedir o cumprimento do Prego de Condicións así como ofrecer aos usuarios todas as garantías legais e SANITARIAS ante o seu estado de abandono. Houbo unha tímida resposta de mellora de súas instalacións e dispositivos electrónicos.
A nosa solidariedade e denuncia cos 4 traballadores, ante a escapada e desaparición da empresa concesionaria da xestión deste aparcadoiro. Existe compromiso do Alcalde e Concelleiro de persoal para dar solución a este escándalo polo que esiximos unha rápida solución dos 4 traballadores abandonados neste aparcadoiro.
* Instamos ao goberno municipal a unha solución para este aparcamento.
CENTRO CULTURAL – BIBLIOTECA
Demandamos un Centro Cultural Carvalho Calero como un lugar de encontro da Cultura para realizar programas sociais de tipo; Programas de Muller, Programas Xuventude e Infancia; Persoas maiores e a Integración social – inmigración.
Levamos 2 anos denunciando o PECHE da BIBLIOTECA sen resultados ou esperanza de súa apertura que consideramos inaceptable polo que esiximos a súa apertura de usos para estudantes e usuarios.
* Amosamos o estado das butacas do Salón de Actos.
* Pedimos o tapizado ou renovación.
O Salón de Actos deste Centro Cultural está infrautilizado, que carece de toda programación cultural e artes escénicas. Demandamos unha programación socio- cultural estable para o fin que foi construído.
Preguntamos polas OBRAS da cuberta e mellora deste Centro Cultural que estaban anunciadas e listas para executar.
Insistimos en que a xestión de APERTURA e CONTROL das chaves das dependencias de carácter municipal como o Salón de Actos e sala de Exposicións deste Centro Cultural debe ser utilizado e controlado polo Concello de Ferrol a través da Area de Cultura.
FEIRÓN
Esta Asociación Veciñal O Rosario- Inferniño, pide manter unha patrulla de Policía municipal de control da normativa para vehículos, accesos, permisos e esixir o cumprimento da Ordenanza Municipal e implantar a Tarxeta Identificativa, indicando o tipo de venda, mercadoría, foto propietario e sinatura concellaría municipal.
* Cobramento das TAXAS MUNICIPAIS polo Concello de Ferrol.
* A XESTIÓN e cumprimento da Ordenanza Municipal Mercados debe preservar todas as garantías de calidade sanitarias e óptima xestión cara a cidadanía.
ÁRBORES SEN PODAS E RAÍCES
Esta Asociación veciñal expresamos a nosa queixa e malestar pola falta de mantemento nas árbores desta zona do Inferniño. Observamos que non se fan as podas anuais e van 2 anos consecutivos sen este mantemento para fortalecer e coidar as árbores que dado seu abandono están en parte invadindo as vivendas da veciñanza.
Reclamamos un plan de podas e mantemento das árbores do Inferniño e demandamos un informe técnico de árbores inadecuadas polo exceso de altura e por levantar as beirarrúas as súas raíces como as actuais fronte a parada de taxis, na Estrada de Castela.
Outra cuestión que molesta e moito a cidadanía, é a falta de urbanidade e convivencia dalgúns propietarios de seus cans que abandonan as CACAS nas beirarrúas co conseguinte malestar veciñal.
SEN PARTICIPACIÓN CIDADÁ
Esta Asociación veciñal O Rosario- Inferniño participou activamente dende o principio no desenvolvemento do Regulamento de Participación Cidadá e os seus órganos participativos así como no deseño dos Orzamentos Participativos da Cidade de Ferrol.
O movemento veciñal e a Comisión de Control, órgano de Participación cidadá, pediron a dimisión do anterior concelleiro do goberno do PP de Participación Cidadá por substituír os órganos e procesos do Regulamento de P.C. polo coñecido Plan de Barrios que consistían en xuntanzas coas directivas das Asociacións e así substituír e fulminar os procesos participativos dirixidos a toda a cidadanía.
O actual goberno repite o mesmo sistema, e ademais empeora coa falta de convocatorias das ASEMBLEAS DE BARRIO, FOROS CÍVICOS ou CONSELLOS SECTORIAIS e incumprimentos ante a cidadanía pola falta dos ORZAMENTOS PARTICIPATIVOS.
Non se cumpre a promesa de convocatoria para xaneiro do CONSELLO da VECIÑANZA e as candidaturas para a COMISIÓN PERMANENTE de Participación Cidadá que quedou no máis absoluto esquecemento.
En materia das actuais políticas participativas, a nosa valoración é de SUSPENSO absoluto.
- A xunta directiva.-
Ferrol, a 18 de Novembro de 2017 .-
ASOCIACIÓN VECIÑAL O ROSARIO - INFERNIÑO
avvorosario@gmail.com
http://orosario-inferninho.blogspot.com
Detalle de falta de mantemento na terraza do Centro Comercial. |
Instamos ao goberno municipal a unha solución para este aparcament |
Amosamos o estado das butacas do Salón de Actos |
Pedimos o tapizado ou renovación |
Enviado por:
A.Veciñal Inferniño
-avvorosario@gmail.com-
17 de novembro de 2017 21:11
_____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon