CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
VENRES 3 DE NOVEMBRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA

Para o venres 3 de novembro de 2017, está prevista a entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, o "LNG Eunugu", de bandeira de conveniencia das Bermudas, cargado con miles de toneladas de gas natural licuado, para descargar nos tanques de Reganosa.
O buque "LNG Eunugu" ten unha eslora total de 285 metros, unha manga de 43, un calado de 12,30 e unha capacidade de 142.988 m³. Este buque de enorme porte e grande capacidade, ten que entrar pola bocana da Ría e terá que cruzar o angosto, estreito, de pouco calado e de fondo rochoso, canle de máis de 4.500 metros, até chegar ao pantalán de descarga do peirao de Punta Promontoiro, situado no termo municipal de Mugardos. Onde Reganosa coa complicidade de políticos sen escrúpulos construíu unha planta de gas que nos ameaza todo-los días, aumentando exponencialmente esta ameaza, sempre que entra na Ría un buque LNG / GNL cargado, para a perigosa e ilegal planta regasificadora de Mugardos. Este buque fai o gaseiro número 229 que descarga en Reganosa, desde que o fixera o "Galicia Spirit" en Maio de 2007.
Concentración sonora
Diante do aumento da ameaza contra a seguridade e a vida, que supón a entrada dun novo buque gaseiro, xunto á propia instalación da Planta de Gas en Mugardos, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, como ven sendo habitual sempre que entra un gaseiro cargado na Ría de Ferrol, convoca unha acción de protesta e denuncia, consistente nunha Concentración Sonora. Este venres ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.
Novo socio para Reganosa: Sojitz Corporation - Sojitz Regasificadora
Se cando entrou o anterior buque metanero, para a regasificadora de Mugardos, o presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, anuinciaba que o seu goberno apoiará e facilitará a ampliación de Reganosa, coa construción dun novo tanque, para, supostamente, contribuír ao proxecto dun Hub surtidor de GNL para buques. Agora, a entrada do "LNG Eunugu", ven acompañada do anuncio dun ambicioso plan de negocios da transnacional nipona, Sojitz Corporation, que adquiriu Spanish First State Regasificadora (FSR) de capital australiano que leva na empresa gasista, desde hai 7 anos (Novembro 2010) con perdas constantes por culpa da operación. A corporación xaponesa, cambiou o nome da compañía a Sojitz Regasificadora (SR). Pendente duns trámites a corporación logrará contar cunha participación do 15% da Regasificadora do Noroeste.
Parece que á transnacional, ten un interese especial no negocio da exportación de gas que ten na actualidade, Reganosa, como alternativa ante a súa moi baixa taxa de actividade como subministradora de Gas á península, pola tamén baixa actividade das centrais de ciclo combinado e o engano de que se ía subministrar unha importante porcentaxe da produción a empresas do Grupo Tojeiro, como grande consumidor, feito que nunca se produciu. Á planta de Mugardos, veñen a cargar buques gaseiros con certa frecuencia, pois Reganosa exporta parte da súa produción a países asiáticos. A corporación Sojitz busca ampliar a súa participación no mercado mundial do negocio do gas, pois xa pose terminais de LNG en Indonesia e Qatar.
Mais o negocio do gas de Reganosa, independente mente de estar dando saltos para diante con novos negocios e incorporacións, a terminal de Mugardos está fortemente cuestionada, por se construír apoiando-se na corrupción política e saltando-se a normativa medio ambiental e de seguridade, con catro sentenzas do máis alto tribunal (Tribunal Supremo) na contra. O que obrigou ao Goberno Español, presidido por Mariano Rajoy, o máis corrupto da historia do Reino, a tomar a decisión de eximir da avaliación de impacto ambiental á regasificadora de Mugardos, intentando chulear, deste xeito, o cumprimento das catro sentenzas mencionadas. Exención que está recorrida ante os tribunais. Que tome nota Sojitz Corporation.
O accionariado da gasista quedaría do seguinte xeito: o 24,31 %, da Xunta de Galicia, o Grupo Tojeiro, suma o 50,69 % do capital por medio das súas sociedades Gadisa e Forestal del Atlántico, SA; o 10% é de Sonatrach, empresa pública alxerina; e o 15% do que agora é titular First State Investment, pasaría á Sojitz Regasificadora.
Atrapados polo Gas (Informe) - Un lobby do gas gastou centos de millóns en influír sobre as políticas europeas
Outra nova nesta conxuntura, é que as empresas enerxéticas de gas gastaron máis de 100 millóns de euros, só en 2016, para intentar influír ás persoas encargadas de tomar decisións sobre o futuro enerxético da Unión Europea (UE). Esa é a conclusión á que chega o informe Atrapados polo gas publicado por Ecoloxistas en Acción e Corporate Europe Observatory (CEO).

Sentenzas
Perante o pasado ano 2016, ditaron-se tres sentenza e un auto do Tribunal Supremo, e xa en 2012 houbera outra sentenza da mesma instancia xudicial superior. A Terceira Sentenza firme contra Reganosa anulou a autorización para a construción da planta regasificadora en Mugardos, encostada ao complexo petroquímico do Grupo Tojeiro (Forestal del Atlántico e Imegasa). E unha cuarta sentenza a favor do movemento opositor a Reganosa, anulara o Plan de Emerxencias Exterior da planta de gas.
Recursos
Despois de declarada ilegal Reganosa, polas sentenzas firmes do tribunal supremo, polo entón goberno en funcións do estado (27.05.2016), resolveu eximir a planta de gas de someterse á avaliación ambiental e concedeu-lle a autorización de funcionamento, nun intento de burlar as sentenzas do alto tribunal, todo isto cun apoio mediático imperdoábel, da Xunta de Galicia e do Goberno Municipal de Mugardos (Hoxe cesado por unha moción de censura). O movemento opositor a Reganosa, con amplo apoio político, decidiu recorrer as resolucións gobernamentais sinaladas.
O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, a través da súa Asesoría Xurídica, presentou ante o Tribunal Superior de Justicia de Madrid un recurso contencioso-administrativo contra a desestimación do recurso de alzada contra a resolución, de 7 de xullo pasado, da Dirección Xeral de Política Enerxética do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, que outorgou a REGANOSA a autorización administrativa e aprobou o proxecto de execución da Planta de Gas, e solicitando que se declare a nulidade de autorizacións e a paralización da actividade da instalación, perigosa, innecesaria, antieconómica e ilegal.
Alegacións
O pasado 4 de setembro de 2017, o Comité Cidadán, tamén presentou alegacións contra a ampliación da concesión (C-496-1) a REGANOSA, e instou aos concellos a que os seus representantes voten non a esta concesión no Consello de Administración da Autoridade Portuaria.
Tras as sentenzas do Tribunal Supremo, que declaran ilegal a Reganosa, esiximos o fin desta ameaza e deste malgasto de cartos públicos. Temos que esixir o seu peche definitivo.
- QUE SE CUMPRAN AS SENTENZAS DO TRIBUNAL SUPREMO XA!
- CESE DA ACTIVIDADE E DESMANTELAMENTO DE REGANOSA !
- MÓVETE CONTRA A IMPUNIDADE !
- PECHE XA !
- PLANTA DE GAS FORA DA RÍA !
O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
Info baseada na enviada polo:
Comité Cidadán de Emerxencia
Comité Cidadán de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
31 de outubro de 2017 19:14
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon