O lobby do gas gastou máis de 100 millóns en influír sobre as políticas europeas | Arias Cañete e o vicepresidente de Unión da Enerxía reuníronse até 460 veces en dous anos e medio con estas empresas. Con organizacións medioambientales só 51 | Reportaxe de Yago Álvarez [*].
As empresas enerxéticas de gas gastaron máis de 100 millóns de euros, só en 2016, para intentar influír ás persoas encargadas de tomar decisións sobre o futuro enerxético da Unión Europea (UE). Esa é a conclusión á que chega o informe Atrapados polo gas publicado por Ecoloxistas en Acción e Corporate Europe Observatory (CEO).
O documento, baseado nos datos publicados no rexistro de lobbies da UE, tamén indica que, durante este mesmo ano, esas agrupacións de empresas, tiñan 1.030 lobistas contratados na capital de Bélxica. As multinacionais ExxonMobil e Shell, foron as que realizaron un maior gasto, con 4,75 millóns de euros cada unha no ano 2016.
Segundo o rexistro da actividade dos comisarios a cargo das políticas de clima e enerxía, o comisario para o Clima e a Enerxía, Miguel Arias Cañete e o vicepresidente de Unión de la Energía, Maroš Šefčovič, reuníronse até 460 veces con estes lobbies en dous anos e medio. Cifras que chocan moito coas 51 veces que os dous comisarios recibiron a organizacións sociais e medio ambientais.
Ademais, segundo se indica no informe, débese ter en conta que o rexistro de reunións do que se extraen estes datos só se refire aos encontros con altos cargos, pero deixa de lado as reunións con funcionarios de nivel inferior que, segundo o informe, son moitas máis.
Por si non fose suficiente, estas mesmas empresas contrataron a consultoras de relacións públicas. As compañías da industria do gas requiriron os servizos de até 37 destas consultoras, ás que lles pagaron 7,9 millóns de euros para realizar accións de achegamento aos políticos de Bruxelas.
Combustible ecolóxico?
A industria do gas, que inclúe compañías involucradas na extracción, o transporte e o consumo final, influíu para que a UE considere ao gas como un combustíbel limpo e ecolóxico que poida servir para complementar unha transición enerxética libre de combustíbeis fósiles. Con todo, segundo indican as organizacións que publicaron o informe, o gas está lonxe de ser un combustíbel con esas características.
O fracking, como se lle coñece á extracción de gas por fractura hidráulica, é altamente contaminante. Ademais, o gas convencional tamén ten potencialmente unha pegada de carbono maior que a do petróleo ou até que a do carbón. Isto débese ás fugas de metano, un gas de efecto invernadoiro extremadamente potente. "O lobby do gas utilizou ás empresas de relacións públicas e un enorme orzamento para difundir a mentira de que o gas é un combustible fósil -limpo-', malia que é tan malo ou peor para o clima que o carbón", declara a este medio Pascoe Sabido, un dos investigadores de CEO, e engade que isto permitiu aos políticos "repetir as mesmas mentiras en público mentres bombean miles de millóns a novas infraestruturas".
As novas medidas adoptadas pola Unión Europea, como os Proxectos de interese común, van encamiñados a investir en novos gasodutos transfronteirizos cunha vida útil de máis de 50 anos, o que, segundo Sabido, compromete o futuro do clima en favor da industria: "Os Proxectos de interese común non son máis que unha lista de desexos da industria que a Comisión e os gobernos nacionais non deberían conceder nunca, porque ademais de destruír o clima, están destruíndo comunidades e o seu medio ambiente en Europa e nos países que lle fornecen gas".
Fonte: O Salto. | 2017-10-31
[*] Yago Álvarez, @econocabreado. Economista, escritor e activista. Membro fundador do medio de economía crítica e social "El Salmón Contracorriente", que participa agora no proxecto "El Salto". Outros artigos do autor en El Salto e en Diagonal. Licenciado en Capitalismo (tamén chamado Administración e Dirección de Empresas) na Universidade Politécnica de Valencia. Activista e voluntario en movementos sociais e ONG como SETEM ou Economistas Sin Fronteras promoviendo as finanzas éticas, o comercio xusto e outras economías máis xustas. Membro activo da Plataforma da Auditoría Cidadá da Débeda. | Autor do blogue El Economista Cabreado e El Salmón Contracorriente.
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon