Canción de Nadal - (Canción de Navidad,... Por Silvio Rodríguez)
Esta é unha canción na cal Silvio denuncia a hipocrisía da sociedade desde a máis profunda amargura. Suscitando un violento contraste, eixe de toda a canción, entre o mundo da opulencia, e o mundo dos desposeidos (que, paradoxicamente, son os que reciben o consolo no pensamento cristián, e onde entra todo o tema da caridade, a flor de pel en decembro).
E o contraste está desde o principio; hai votos de renovación mais... renovación de que?... o fin de ano cheira a compras. É unha afirmación moi crúa a que abre esta canción: ida e vinda de obxectos materiais, agasallos e postais. Si quérese, até é contraditorio co propio espírito do nadal e o seu significado, todo o espiritual queda enterrado polo consumo que se vive nese momento do ano. O único que Silvio ten para contravir esa materialidade, é a canción.
Esa suposta harmonía que menciona "a xente loce estar de acordo" unha unión aparente e exterior, detrás do cal ocultan-se as máis profundas contradicións sociais, expresadas dunha forma descarnada, a través dunha enumeración. Outra vez, a celebración está desprovista de toda espiritualidade, o que se celebra son logros e éxitos relacionados co social. Basicamente: o poderoso coa súa maisvalía, a traballadora ou traballador coa súa funda de traballo de todos os días, e a marxinada que non ten nin sequera a copa como símbolo do hábito de celebrar.
E o retrouso non é máis que o agasallo que ten Silvio para quen non reciben nada. Non é do ceo, nin se relaciona co relixioso.
Tener no es signo de malvado
y no tener tampoco es prueba
de que acompañe la virtud.
Pero el que nace bien parado
en procurarse lo que anhela
no tiene que invertir salud
Non sei si será excesivo pero...estes parecen-me dos mellores versos que escribiu Silvio na súa vida, do mellor que se escribiu xamais.
As críticas sociais do Século XIX no realismo, e até no século XX con Brecht, deixan ver unha postura binaria, de bos e malos. Adoitaba suceder que suscitaban á rica como persoa vil e desprovista de valores, e á pobre, humilde, cunha relación máis profunda coa natureza e alleas a toda ambición. Esa falsa dicotomía é a que rompe Silvio nestes versos maxistrais, deixando de lado ese esquema para atacar de cheo a verdadeira problemática social. Non se trata de boas e malas, trátase dunha sociedade que non dá a todas as mesmas oportunidades, simplemente. A complexidade está expresada en términos de logros e éxitos, como antes. Non idealiza o popular, senón que instala a contradición e vólvea visíbel. A saúde, a propia vida, que é o máis esencial que temos, iso que non sabe de bens materiais, é o que está en xogo nesta sociedade.
E bo, quedan outras puntas para charlar. A ver que din.
Pero dixen o meu a tempo..
Tener no es signo de malvado
y no tener tampoco es prueba
de que acompañe la virtud.
Pero el que nace bien parado
en procurarse lo que anhela
no tiene que invertir salud
Esa estrofa para min é un bo resumo do Marxismo...
Esta canción é, sen dúbida, o agasallo de Nadal de Silvio ás esquecidas da historia, ás parias da terra, ás silenciadas e ás ensordecidás de tanto berro materialista...
Jordi T. M. - 5 de xaneiro de 2011.
Fonte: http://silviorodriguez.blogspot.com.es/
https://youtu.be/9-wLFgsu67A
Letra
Canción de Nadal - (Canción de Navidad,... Por Silvio Rodríguez)
O fin de ano cheira a compras,
parabéns e postais
con votos de renovación;
e eu que sei do outro mundo
que pide vida nos portais,
doume a facer unha canción.
A xente loce estar de acordo,
marabillosamente todo
parece afín ao celebrar.
Uns festexan os seus millóns,
outros a camisiña limpa
e hai quen non sabe que é brindar.
A miña canción non é do ceo,
as estrelas, a lúa,
porque a ti entrégocha,
que non tes ningunha.
A miña canción non é tan só
de quen poida escoitala,
porque ás veces o xordo
leva máis para amala.
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon