venres, xaneiro 05, 2018

Caridade non, xustiza, ... Por Xosé María Dobarro Paz - O problema é que se lle crean ás crianzas necesidades propias do capitalismo e, o que é peor, con base na caridade, cando esas crianzas do que precisan é de xustiza.

Tags

A Raiña Letizia apoiando a campaña "Un Juguete, Una Ilusión 2016",
de RNE e a "Fundación Crecer Jugando".

Por Xosé María Dobarro Paz [*]
05.01.2018


As emisoras de RNE e as dúas cadeas da TVE por estas datas, desde hai 18 anos, levan a cabo, en colaboración coa “Fundación Crecer Jugando”, a campaña solidaria “Un juguete, una ilusión” que ten como finalidade recadar fondos para poder enviar xoguetes novos a crianzas a países pouco desenvolvidos de diferentes lugares do planeta. Na campaña ofértase un bolígrafo –este ano tamén unha libreta– ao razoable prezo de 5 euros contando co respaldo de persoas coñecidas do deporte, a música, os medios de comunicación... Xustifícase no recoñecemento polas Nacións Unidas do “dereito da crianza ao descanso e ao lecer, ao divertimento e ás actividades recreativas propias da idade”. Non vexo que en ningún momento se fale de xoguetes para nada. Non son imprescindibles para o lecer e o divertimento. As crianzas do meu tempo divertiámonos con calquera cousa. Que remedio! E eramos máis infelices que as de hoxe? O que acontece e que a citada fundación está promovida pola “Asociación Española de Fabricantes de Juguetes” e... claro. O problema é que se lle crean ás crianzas necesidades propias do capitalismo e, o que é peor, con base na caridade, cando esas crianzas do que precisan é de xustiza.

Publicado no Diario de Ferrol. | 5 de xaneiro, de 2017.

[*] Xosé María Dobarro Paz (Ferrol, 1950), escritor, articulista, profesor, activista cultural e político. Na súa xuventude militou no PCG, e posteriormente no nacionalismo-popular galego, sendo militante da UPG e foi Presidente da Sociedade Cultural Medulio e divulgador da figura de Ricardo Carvalho Calero. Foi catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade da Coruña. Na actualidade no PCG e foi coordinador comarcal de EU.
_________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon