martes, febreiro 06, 2018

Despois do grande suceso de mobilización en toda Galiza e a grande manifestación desta fin de semana en Compostela, SOS Sanidade Pública convoca a súa coordinadora galega e a todas as plataformas comarcais, para avalaiar a situación e ver os seguintes pasos na loita na defensa da Nosa Sanidade Pública - Vídeo


Convocatoria Reunion SOS Sanidade


Trala enorme manifestación de onte domingo , na que miles e miles de cidadáns e cidadás mostraron o seu rexeitamento ao proxecto de contrarreforma da Lei Galega de Saude e á política de desmantelamento e privatización do sistema sanitario público galego, desde a Plataforma SOS Sanidade Pública, queremos en primeiro lugar facer un recoñecemento expreso ás Plataformas da Mariña, Monforte, Ou Barco e Ou Salnés, que iniciaron as mobilizacións contra o desmantelamento dos seus hospitais comarcais.

Posteriormente o resto de Plataformas para a Defensa da Sanidade Pública de toda Galicia foron capaces de mobilizarse e  explicar á cidadanía e profesionais sanitarios os riscos do proxecto de contrarreforma e dos recortes sanitarios de Núñez Feijoo, e sumalas á mobilización. A Xunta de Galicia non só quere pechar as 4 áreas sanitarias, senón que ademais pretende lexitimar as Estruturas de Xestión Integrada (EOXIS) que supuxeron a absorción da Atención Primaria polas Gerencias Hospitalarias o que conduciu ao deterioro dun nivel esencial para garantir a promoción, a prevención e a atención próxima da poboación; fragmentar e privatizar a xestión do sistema creando chiringuitos de xestión privada con persoal precarizado; poñer os recursos de Investigación, Desenvolvemento e Innovación en mans de laboratorios, industria tecnolóxica e fondos de investimento internacional;  acabar coa participación social no control do sistema; etc., etc..

Esta manifestación unitaria foi posible grazas ao apoio e colaboración dos partidos, organizacións veciñais, sindicatos, asociacións de enfermos, asociacións de profesionais da saúde, ONGs, concellos e deputacións gobernadas por forzas progresistas, etc.. Todos traballaron cunha enorme xenerosidade e lealdade, antepoñendo os dereitos sanitarios da poboación galega ao seus lexítimos intereses.

Ata agora o sistema sanitario galego tiña un problema, pero tras esta enorme mostra de rexeitamento social, quen o ten agora é Núñez Feijoo.

Mañá martes iníciase o debate parlamentario de proxecto de cambio de Lei, onde os grupos parlamentarios progresistas poderán poñer encima da mesa o gran rexeitamento social ao mesmo.

Para analizar o complicado proceso que fomos capaces de desenvolver, as consecuencias da manifestación e acordar os seguintes pasos a dar na batalla pola sanidade pública, convócase a todas as Plataformas de Galicia o vindeiro xoves día 8 ás seis da tarde na sé do Sindicato UGT de Santiago (salon de actos planta baixa).

Saúdos

Manuel Martin

Portavoz

https://sossanidadepublica.wordpress.com/

Buscanos en facebook.
--

Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol
www.plataformadspferrol.blogspot.com
plataformadspferrol@gmail.com

Enviado por:
Plataforma en Defensa da Sanidade Pública Ferrol
-plataformadspferrol@gmail.com-
5 de fevereiro de 2018 17:08
____________________


https://youtu.be/veLStsrywEQ


__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon