venres, marzo 02, 2018

O movemento por unha vivenda digna e antidesafiuzamentos participa na Galiza en apoio da Lei de Vivenda da PAH, este sábado 3 de marzo mobilizando-se ás 12 do mediodía, nas grandes cidades - Manifesto Unitario


Hai moitos anos que os movementos veciñais de barrio e plataformas polo dereito a unha vivenda digna, activaron sen cesar como movemento social, mais desde hai nove anos o movemento anti-desafiuzamentos conformou unha plataforma que ía dar moito que falar, pola súa organización, acción social e denuncia dos abusos bancarios, mais sobre todo pola constancia na concienciación da necesidade do cambio lexislativo, para garantir o dereito efectivo e real a unha vivenda digna.

Na Galiza, autonomamente foron-se constituíndo plataformas e colectivos, pola necesidade aprémante da defensa da vivenda e contra os abusos bancarios. Logo constituímos unha , sen perder Coordenación Galega, a autonomía de cada colectivo e plataforma local.

Nove anos pasaron desde que naceu a PAH. Nove anos loitando para facer real o dereito á vivenda. Nove anos nos que paramos miles de desafiuzamentos e reacollido centos de familias. Nove anos nos que cambiamos leis e presentando mocións en concellos e comunidades autónomas. Nove anos cheos de trabas por parte do Partido Popular para que ese dereito á vivenda non sexa efectivo.

Dous millóns e medio de vivendas baleiras en todo o estado, 300.000 delas en territorio galego, 66.000 millóns de euros en rescatar a Banca que sigue especulando coa vivenda sen ofrecer ningunha contraprestación social. Políticos corruptos  devorando recursos públicos. 60.000 desafiuzamentos no pasado ano 2017.

O Comité DESC (Dereitos Económicos, Sociais e Culturais) de Nacións Unidas, condenou a España por vulnerar o dereito á vivenda no caso dunha familia con fillos menores de idade, de 1 e 3 anos deixándoos na rúa durmindo nun coche durante 6 semanas.

 O Estado Español tiña que presentar, no prazo de seis meses desde que o Comité DESC emitiu o seu ditame en xullo de 2017, unha resposta por escrito que incluíse información sobre as medidas tomadas tras o ditame e as recomendacións do Comité pero desatendeu completamente as recomendacións diste Comité en materia de vivenda e tampouco ofrece unha soa  medida concreta para cumprir o ditame.

Para a PAH os Colectivos Stop-desafiuzamentos e outras organizacións que defenden o dereito a unha vivenda digna faise imprescindible:

• Un incremento orzamentario orientado a aumentar o parque de vivendas sociais de aluguer co fin de garantir o acceso e o reacollo de persoas sen recursos. Este incremento debe reverter o feito de que durante a crise económica e cando centos de miles de persoas perderon as súas vivendas, o Goberno reduciu desde 2009 o orzamento de vivenda en máis dun 70%.

• Reformas das leis procesuais, incluída a Lei de Enxuizamento Civil, para incrementar as garantías de protección do dereito á vivenda incluíndo o xuízo de proporcionalidade que obrigue aos xuíces para avaliar caso por caso a proporcionalidade e razoabilidade dos desafiuzamentos de vivendas que a xurisprudencia do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos xa esixe.

• A adopción de protocolos que melloren a coordinación entre xulgados e servizos sociais orientados a garantir ás persoas sen recursos un aloxamento adecuado alternativo.

• A reforma da Lei de Arrendamentos Urbanos para reforzar os dereitos das persoas arrendatarias e protexer a súa seguridade á tenencia da vivenda.

Varias sentenzas do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) dan a razón a PAH que aseguramos  dende o ano 1995 todos os despexos son ilegais por incumprimento da normativa 93/13 de protección consumidor e a propia constitución que no seu articulo 10.2 obriga a cumprir os tratados asinados polo Estado Español e que garante o dereito a unha vivenda digna no articulo 47.

O Estado Español atópase nunha crise do dereito á vivenda que está a afectar por centos de miles de persoas. España estrea así, paradoxalmente, na membresía do Consello de Dereitos Humanos para o período 2018-20, ignorando a súa obrigación de responder de maneira adecuada ao Comité

Pouco mellorou a situación estes nove anos, pola contra enfrontámonos a unha nova burbulla inmobiliaria, nos alugueres, propiciada polas políticas do PP coa creación das SOCIMI (Sociedades Anónimas Cotizadas de Inversión Inmobiliaria) creadas no ano 2014 con unhas condicións fiscais inmellorables para favorecer a entrada de fondos de inversión no mercado do aluguer para apropiarse do rentismo.

E por todo este abuso do Partido popular  que decidimos resistir e   rexistramos no Congreso unha lei de todas, a Lei de Vivenda PAH. Unha lei para que as familias non estean indefensas, unha lei con cinco demandas básicas:
  • DACIÓN EN PAGO RETROACTIVA
  • ALUGUER ALCANZABLE E ESTABLE
  • STOP DESAFIUZAMENTOS
  • VIVENDA SOCIAL
  • SUBMINISTRACIÓNS GARANTIDAS (Luz, auga e gas)
Unha vez rexistrada esta Lei de Vivenda PAH no Congreso, o Partido Popular, apoiado por Ciudadanos, pretende vetar a Lei, é por iso polo que nos estamos mobilizando e o vindeiro sábado 3 de marzo, haberá unha grande Manifestación Estatal en Madrid. Na Galiza a Coordenación Galega de PAH e Colectivos Stop Desafiuzamentos e polo Dereito a Unha Vivenda Digna e Accesíbel, mobilizamos en todas as cidades galegas, en apoio a esa Lei Estatal e cinguimos forzas para que o Partido Popular non a vete e volva, de novo, a tombar as ilusións e o dereito a teito de miles de familias. É hora de dicir-lle ao Partido Popular que xa BASTA, por iso convidamos-vos a todas o próximo 3 de marzo a mobilizar-vos uns na Galiza nas diferentes cidades e quen poida á GRAN MANIFESTACIÓN que está convocada en Madrid.

---

Difunde a convocatoria, polos teus contactos, grupos de whatsApp, redes sociais...                

¡Esperámosche o 3 de marzo

Pode-se!

Coordenación Galega de PAH e Colectivos Stop Desafiuzamentos e polo Dereito a Unha Vivenda Digna e Accesíbel

En Ferrolterra, concentraremo-nos este sábado 3 de marzo, ás 12 do mediodía, na Praza Amada Garcia (Diante do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol).

Contacta coas plataformas e colectivos que conforman a Coordinación Galega das PAH e Colectivos de Stop Desafiuzamentos e Vivenda Digna - @pahstopgaliza

https://www.facebook.com/PAHSTOPGALIZA/

||||||||


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon