O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol, realizou unha nova protesta, este luns 9 de abril de 2018, para denunciar a entrada na Ría, do LNG Bayelsa, o buque 235 cargado con 60.000 toneladas de gas natural licuado para Reganosa, unha planta de gas que cada vez que descarga ou carga un gaseiro, aumenta exponencialmente o seu perigo para a poboación que moramos na contorna da nosa Ría. Foi o día anterior, o domingo 8 de abril, cando o LNG Bayelsa entrou na sinuosa, estreita e de fondo rochoso, canle para atracar no pantalán do porto mugardés de Punta Promontoiro, perante 24 horas a poboación estivo exposta ante o exponencial aumento do perigo. Un buque tanker de 15 anos de antigüidade e bandeira de conveniencia das Bermuda Islands, cunha eslora de 288,73m, 48,09m de manga e 10m de calado, a poucos metros de núcleos de poboación e a menos de 2.000 metros de decenas de miles de persoas.
Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas está para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, con catro sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal. O goberno español, daquela en funcións, de Mariano Rajoy, para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental que por suposto o Comité Cidadán de Emerxencia ten recorrida a citada resolución gobernamental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada por "El Defensor del Pueblo". Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme.
https://youtu.be/SU63u5rgivM
Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc
___________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon