martes, maio 29, 2018

Ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro que descargou en Reganosa, tivo lugar unha nova acción de protesta, na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol - O venres 8 de xuño, Marcha a Pé a Mugardos desde Ferrol, non faltes - Vídeo da protesta de onte e enlaces ás sentenzas e outra documentación

Tags


Ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro, o "LNG Maran Gas Hector" que descargou en Reganosa, tivo lugar unha nova acción de protesta, na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.

O "LNG Maran Gas Hector", descargou en Reganosa, miles de toneladas de gas natural licuado. Este buque fai o número 236 que entrou na Ría de Ferrol cargado con GNL, mentres descargaba no pantalán de Punta Promontoiro (Mugardos), perante 24 horas, aumentou de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as persoas que moramos na contorna.

Marcha a Pé a Mugardos

O vindeiro 8 de xuño, sae a XII Marcha a Pé Ferrol-Mugardos, desde o Parque Carmelo Teixeiro de Caranza. Ás 5 da tarde é a cita, para percorrer 15 KM. Con esta Marcha, lembramos o peche que perante 111 días mantivo a veciñanza de Mugardos no seu Concello, contra o despropósito gasista.

O Comité Cidadán fai un chamamento a participar nesta Marcha que quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de catro sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, o Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que mediante unha resolución gubernamental, eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora (Asunto que xa temos recorrido).

Participa na Marcha, non faltes...


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc





https://youtu.be/prF8lQYH9Uc



Sentenzas

Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas está para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, con catro sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal. O goberno español, daquela en funcións, de Mariano Rajoy, para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental que por suposto o Comité Cidadán de Emerxencia ten recorrida a citada resolución gobernamental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada por "El Defensor del Pueblo". Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon