O vindeiro xoves, 28 de xuño, ás 19:00 horas, está convocada unha Asemblea no Ateneo Ferrolán (Rúa Magdalena, 2002) que ten por obxectivo a creación con persoalidade xurídica como Asociación sen ánimo de lucro da Plataforma de Ferrolterra na defensa das pensións Públicas.
Para iso procederemos á presentación do proxecto de Estatutos e redactarase unha acta de constitución da Plataforma que será, unha vez aprobadas, asinada por todos e todas as/os asistentes en calidade de fundadores/as da Asociación.
Elixiranse os cargos determinados pola lexislación vixente e constituirase a Comisión de coordinación da Plataforma.
Tamén decidiremos sobre a nosa integración na estrutura galega de defensa dos sistema público de pensións coñecida como MODEPEN.
Queremos facer un chamamento a todas as asociacións para que difundan entre os seus asociados e asociadas esta convocatoria co obxectivo de lograr a maior participación posible e constituir órganos de xestión da Plataforma plurais.
Contamos coa vosa colaboración. Enviámosvos as invitacións que estamos a repartir entre a cidadanía para favorecer a participación e a pluralidade.
Saúdos.
Plataforma de Ferrolterra na defensa das pensións públicas
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/
Correo-e: plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
Sitio oficial do Movemento Galego pola Defensa das Pensións. Modepen.
| Web | Twitter | Facebook | Youtube |
Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
27 de junho de 2018 08:41
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon