Abeledo insiste en que debemos traballar por construír unha cidade máis humana, dentro deste modelo que vimos defendendo dende fai anos, dende EU entendemos que xunto coa accesibilidade universal, a potenciación do transporte público, e outra serie de medidas, un dos alicerces deste modelo humanizador é a existencia de zonas verdes na zona urbana de Narón, cantas máis mellor, para mellorar a calidade do aire respirado pola veciñanza e crear zonas de esparexemento e recreo para as naronesas e naroneses.
Ven é certo que no caso do piñeiral da Estrada da Gándara a obrigada aplicación da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia; e a la Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, obrigan a cortar unha parte importante das arbores deste “pulmón verde de Narón”.
No caso destas arbores, falamos de pinos e eucaliptos, a lexislación marca que deben manter unha distancia de 50 metros coas vivendas para evitar o perigo en caso de incendio, por este motivo dende EU entendemos que debemos buscar unha alternativa que por unha banda permitan cumprir a lei, eviten perigos, pero a súa vez manteñan o modelo de “cidade verde” que dende EU propoñemos.
Abeledo propón que a parte do piñeiral que pertence o Concello sexa repoboada con especies autóctonas, posto que algunha desas especies só esixen unha distancia de 15 metros cosas vivendas, conseguindo así por unha banda manter para o futuro este “pulmón verde” para a veciñanza de A Gándara, e por outro potenciar as especies autóctonas da Galiza.
Tamén indica que unha parte da veciñanza entende que pode ser o momento para adecuar a zona para o recreo e o esparexemento poñendo bancos e mesas que permitan desfrutar da zona cando chegue o bo tempo.
Así mesmo Abeledo empraza ao Goberno Local a abrir un dialogo coa veciñanza neste sentido, para que sexa participe deste proxecto de futuro.
GRUPO MUNICIPAL DE EU NARÓN
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
19 de junho de 2018 12:19
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon