A Asociación Oncohematolóxica de Fene POR+VIDA ven de acadar 2 premios na 6ª Edición da Carreira da Muller celebrada na cidade de A Coruña
POR+ VIDA leva participando seis veces, as mesmas edicións que se levan celebrando na cidade herculina.
Engadir que son 5 anos de colaboración coa concellaría de Benestar Social e Igualdade de Fene, poñendo a disposición 2 autobuses dende Fene para as participantes desta asociación.
Este ano o percorrido foi o mesmo do ano pasado, con saída e chegada á meta aos pés do estadio de Riazor, na avda. Bos Aires, ata a altura da Torre de Hércules, de algo máis de 6 km.
O total de participantes con esta asociación foi de 151 mulleres, sendo a máis nova de 12 anos ata 82 da participante máis veterana (que levou premio no ano 2013 como a muller con mellor tempo de chegada con maior idade).
Os premios foron os seguintes:
- Primeiro premio como asociación con máis participantes que chegasen á meta (dentro do tempo establecido por reglamento da carreira).
- Terceiro premio como asociación con mellor tempo de chegada.
Este colectivo sempre acadou premios nas edicións anteriores.
Un saúdo
---
Na asociación POR+VIDA somos un grupo de persoas cunha inquietude común:
Afrontar o cancro de xeito activo e positivo.
Decidimos asociarnos para levar a
cabo diferentes iniciativas neste ámbito, e nestes momentos estamos cos
trámites para formar unha asociación a nivel legal.
Con esta asociación intentaremos humildemente ofrecer apoio a outros afectados de cancro e ás súas familias.
Se coñeces a alguén interesado,
por favor, faille chegar este blog e se ti estás interesado no proxecto,
non o dubides ¡CONTACTA CONNOSCO!
Agradecemos a túa axuda así como calquera suxestión que poidas facer para a mellora do proxecto.
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com
Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
16 de setembro de 2018 18:08
_______________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon