luns, setembro 24, 2018

O concelleiro André Abeledo, de Esquerda Unida de Narón, presenta unha moción a prol da biodiversidade fronte á eucaliptización


Moción EU Narón POLA DEFENSA DA BIODIVERSIDADE FRONTE Á EUCALIPTIZACIÓN

André Abeledo presentou unha "MOCIÓN POLA DEFENSA DA BIODIVERSIDADE FRONTE Á EUCALIPTIZACIÓN", na que EU Narón solicita:

- Que o de Narón se declare a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sostible da flora e a fauna autóctona da nosa terra e que se elabore unha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantacións con especies autóctonas.

- Solicitar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a inscrición do eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do estado español.

- Solicitar á Xunta de Galicia colaboración para elaborar un plan municipal de prevención de lumes con especies autóctonas como xa se está a facer noutros Concellos galegos.

- Facer cumprir con carácter urxente as distancias mínimas especificadas no anexo II da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, para:

. Afastar debidamente esta especie dos mananciais, regatos e ríos.
. Separar de calquera ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias.
. Afastar as plantacións das estradas convencionais e liñas eléctricas.
. Romper a continuidade das masas forestais de eucalipto con distancias mínimas de separación.

Abeledo insiste en que o futuro da Galiza pasa tamén pola defensa da nosa biodiversidade, a nosa fauna, a nosa flora, e por unha ordenación do territorio racional e sostible que permita deixar aos nosos fillos unha Galiza mellor.

GRUPO MUNICIPAL
ESQUERDA UNIDA DE NARÓN

Contas de Esquerda Unida Narón no facebook e no twitter. | Achegate xunta Nós, fagamos un novo Concello mais social, mais democrático, participativo e de Tod@s.


Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
24 de setembro de 2018 09:49

___________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon