sábado, novembro 17, 2018

Unha nova mobilización na defensa do sistema público de pensións en vilas e cidades da Galiza e do resto do Estado, unha nova xornada de loita este luns 19 de novembro - En Ferrol está convocada unha concentración ás 5 da tarde no Cantón


Concentración en defensa das pensións luns 19 de novembro ás 5 da tarde no Cantón de Ferrol


Volvemos a concentrarnos os cidadáns e cidadás que estamos mobilizados para a defensa do sistema público de pensións.

Sendo conscientes de que se deron algúns pasos para evitar as medidas máis prexudiciais nese ámbito, e mesmo, de que se deron algúns avances para mellorar a situación das persoas pensionistas que están peor, non podemos esquecer que aínda estamos lonxe de acadar os nosos obxectivos.

Non se albiscan movementos tendentes a blindar legal e constitucionalmente as pensións e o seu poder adquisitivo.

Aínda estamos moi lonxe dos 1.040 euros recomendados polos organismos internacionais para poder falar dunhas pensións dignas que sitúen aos seus perceptores fóra do campo da pobreza.

A senda non se vai percorrer sen que a cidadanía se implique a fondo na defensa do sistema público de pensións e por iso desde a Plataforma de Ferrolterra para a defensa das pensións concordamos con todas as entidades na consigna de que goberne quen goberne as pensión se defenden.

E tamén por iso seguimos na dinámica da mobilización. Desde as rúas, coa nosa presenza activa, seguiremos impulsando políticas para a defensa dun sistema público de pensións que ten que contribuír a unha vida digna para as persoas que as perciban e a unha sociedade máis xusta na que a riqueza se redistribúa.

Por todo isto o vindeiro luns, 19 de novembro nos volvemos a concentrar no Cantón de Ferrol, ás 17:00 horas.

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
-plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com-
17 de novembro de 2018 14:30
_____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon