xoves, decembro 20, 2018

Defendendo o fogar - Guía para a solicitude de medidas cautelares ante o comité DESC de Nacións Unidas para casos de desafiuzamentos sen alternativa residencial - ... fuxir do mero asistencialismo e enfocar nosa práctica ao empoderamento popular colectivo


DEFENDENDO O FOGAR
Guía para a solicitude de medidas cautelares ante o comité DESC de Nacións Unidas para casos de desafiuzamentos sen alternativa residencial


Esta guía pretende servir de axuda para un uso adecuado das solicitudes de medidas cautelares ao Comité DESC sobre suspensión de desafiuzamentos sen alternativa residencial. Desde o Grupo de Traballo da Coordinadora de Vivenda de Madrid sobre Medidas Cautelares, vimos facendo seguimento das solicitudes que coñecemos e contabilizamos polo menos 50 casos de suspensión vinculadas á PAH e ao movemento polo Dereito á Vivenda só entre xaneiro e novembro de 2018. A través da análise de caso, aprendemos numerosas leccións para utilizar as ferramentas que ofrece o sistema internacional de Dereitos Humanos no noso favor, servindo á vez para denunciar o caso concreto e para dar visibilidade e lexitimar ao movemento, intentando ao mesmo tempo fuxir do mero asistencialismo e enfocar nosa práctica ao empoderamento popular colectivo.

As comunicacións ao Comité DESC requiren moitas horas de estudo previo, xestión documental, revisión de datos, comunicacións con diversos actores (grupos de traballo, asembleas, avogados de oficio, servizos sociais, bancos, propietarios, mediadores, etc.), redacción de solicitudes, visitas a xulgados, etc. O protagonismo das persoas afectadas é esencial, así como a confianza entre estes e o movemento, pois en cada caso poñemos en xogo enormes recursos "públicos" -en términos de tempo e esforzo das persoas máis comprometidas das asembleas- que non sería xusto que se desperdiciaran por un mal uso ou por falta de informacións relevantes.

Nesta "Guía de Uso" poñemos por escrito as recomendacións que consideramos máis útiles para ter éxito desde unha perspectiva ampla: non se trata tanto de parar moitos desafiuzamentos (o que en si mesmo é bo), senón de mobilizar mellor todas as enerxías sociais posíbeis a través de procesos de stop desafiuzamentos que xeren verdadeiros avances para todas. Fariamos moi mal si en lugar de mellorar os nosos métodos e ser máis eficaces, co uso destas ferramentas saturásemos o movemento de "papeleo" e servizo asistencial sen apenas impacto real. Un caso ante instancias internacionais para protexer o Dereito Humano á Vivenda é unha oportunidade única para influír en sectores sociais diversos e provocar cambios maiores, o que nos permitirá suspender desafiuzamentos no futuro con maior facilidade, pero para iso é necesario un tratamento responsábel, tecnicamente rigoroso e en sinerxia con toda a potencia do movemento.

DESCARGA A GUIA AQUÍ

"Kit Dictame DESC" para paralización urxente de desaloxos

Que contén este KIT:

1.- Consellos orientativos para o seu uso (descargar).

2.- Modelo de Escrito de Solicitude Urxente de Suspensión do Desaloxo (descargar) trátase dun modelo elaborado pola Comisión Xurídica da PAH, baixo a filosofía Creative Commons. Deste xeito pode e debe adaptarse a cada caso, e cada persoa afectada e/ou o seu avogado/a pode e debe modificalo ao seu gusto, mellorándo-o até para dar unha versión máis apropiada en cada procedemento. En calquera caso, serve de orientación básica para trasladar aos órganos xudiciais moitas das alegacións que xa se están facendo nos Xulgados e que desde a PAH vimos incorporando nos nosos escritos.

3.- Ditame do Comité DESC de Nacións Unidas de 20 de xuño de 2017 (descargar).

4.- Sentenza do Tribunal Supremo de 23 de novembro de 2017 (descargar).

Fonte: PAH.

---

Stop-Desafiuzamentos da Rede de Apoio Mutuo de Ferrol Terra.
forosocialdeferrolterra@gmail.com
http://stop-desafiuzamentos-ferrolterra.blogspot.com.es/




Relacionado: Amnistia internacional denuncia no seu Informe 2017. |  Dereito á vivenda.


En 2017, o Estado Español viviu un total de 26.767 desaloxos por non pago de alugueiro e 16.992 por execución hipotecaria. A persoas que sufriron estes desaloxos forzosos víronse na rúa sen garantías xudiciais adecuadas nin provisión de aloxamento alternativo polo Estado, recoñece Amnistía. Algúns deses casos son o de Mónica, o de Tamara ou o de Antonia.

O gasto público en vivenda continuou diminuíndo malia que persiste unha gran demanda de vivenda social asequíbel, cuxa escaseza afectaba especialmente ás nais solteiras e ás sobreviventes da violencia de xénero.
__________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon