luns, decembro 17, 2018

O Ateneo Ferrolán presenta a súa nova xunta directiva presidida por Francisco Javier Montero Dongil - Este 18 de decembro, nos Martes de Cine do Ateneo proxectara-se: 'O banquete de voda'


Presentación da nova Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán


A nova Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán está presidida por Francisco Javier Montero Dongil e como Vicepresidente: Luis Calvo Teijo; a Tesoureria: Sonia Mauriz Pereira; a Contadora: Ana Pernas Marquez; a  Secretaria: Angeles Delgado Pérez; o Bibliotecario: Alejandro Rey López e as Vogais: Florentino Martínez Vazquez e Anxeles Seoane Fernandez.

O ATENEO FERROLÁN un lugar de encontro para a cultura dende 1879, promove unha ampla e diversa oferta de actividades (conferencias, seminarios, debates, exposicións…) orientada á posta en valor dos recursos humanos e o potencial de saber da cidade. Sen perder de vista o seu obxectivo principal de converterse en foro de debate e de opinión plural e independente, aberto a toda a sociedade.

--
Ciclo de Cine Familias, todos os martes ás 7 da tarde

Este 18 de decembro, nos Martes de Cine do Ateneo, proxectara-se: "O banquete de voda"

Ficha:Ano 1993 Duración 112 min. País Taiwan Director Ang Lee Xenero: Comedia

Reparto: Ya-Lei Kuei, Sihung Lung, May Chin, Winston Chao, Mitchell Lichtenstein,Dion Birney, Jeanne Kuo Chang, Paul Chen, Chung-Wei Chou, Yun Chung,Ho-Mean Fu

Sinopse: Simon e Wai- Tung son dous gais que viven xuntos en Manhattan. Para disipar as sospeitas dos pais de Wai- Tung, Simon suxire que organice unha voda de conveniencia con Wei- Wei, unha moza inmigrante que necesita a carta verde de inmigración para poder permanecer nos Estados Unidos. Pero cando os pais de Wai- Tung chegan a Nova York insisten en organizar o banquete, o que traerá moitas complicacións.

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

https://ateneo-ferrolan.blogspot.com

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER.
FACEBOOK.
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
17 de dezembro de 2018 13:27

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon