Boletín CIG – Saúde Laboral Nº 30
20-12-2018 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG
O futuro do traballo presenta múltiples desafíos como as dificultades de emprego dos traballadores/as novos/as, as grandes desigualdades nos ingresos salariais, as relacións laborais informais, a revolución dixital, os procesos de innovación tecnolóxica e organizativa, a automatización e a robotización, as desigualdades de xénero, o envellecemento da poboación traballadora, o escaso desenvolvemento da economía rural, a menor sostibilidade do emprego, o deterioro da protección social ou o debilitamento da negociación colectiva. Ante esta problemática, son numerosas as contribucións que dende fontes autorizadas comezan a realizarse na procura de solucións, entre as que destacan a creación de impostos aos automatismos que substitúan o traballo humano ou a implantación do chamado “ingreso básico universal”
O número 30 do Boletín CIG- Saúde Laboral, conta cun primeiro artigo denominado “Os grandes retos do futuro do traballo: unha ecuación que é necesario resolver”, baixo o epígrafe Análise –Opinión.
Dentro do epígrafe Documento-Análise atopamos os artigos “Radiografía sobre a calidade do emprego e as condicións de traballo no Estado español”, baseado nos textos “Bad Jobs” recovery? European Job Quality Index 2005-2015 do European Trade Union Institute e Condicións de Traballo 2015 de Eurofound, e “Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutáxenos durante o traballo” realizado sobre a Guía do mesmo nome do Instituto Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo.
A Síntese de actividade 2018 do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral e o Taboleiro completan os contidos deste número.
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 30 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.
Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí
http://www.cigsaudelaboral.org/
Enviado por:
Confederación Intersindical Galega
-cig@cig.gal-
20 de dezembro de 2018 13:06
____
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon