venres, xaneiro 18, 2019

Comunicado da III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións - ...non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivos


Reunida en Madrid este 11 de xaneiro de 2019, pasados uns meses do segundo ano da súa constitución, a III Asemblea da Coordinadora Estatal pola Defensa do Sistema Público de Pensións, decidiu entre outros asuntos, continuar coas mobilizacións e emitir o seguinte comunicado:

COMUNICADO DA COORDINADORA ESTATAL NA SÚA III ASEMBLEA.

Compañeiros e compañeiras; o 10 de setembro de 2016, nacía nos xardíns do Paseo del Prado de Madrid esta Coordinadora, coa participación dunhas poucas CC.AA. e unha vintena de persoas. O pasado día 11 de xaneiro, apenas dous anos máis tarde, celebrouse en Madrid a III Asemblea da COESPE coa participación da práctica totalidade das CC.AA, e 70 persoas colaborando nas diferentes comisións de traballo, sen dúbida todo un éxito que vos debemos a vosoutr@s, pola vosa persistencia, resistencia e apoio a un movemento social que aínda ten moito traballo por diante, e moito que opinar sobre pensións e dereitos no noso país. Agradecemos todo o traballo realizado aos compañeiros/as saíntes, aínda que sabemos que no fondo seguirán con nosoutros, e toda a forza necesaria para os compañeiros/ as, que continúan na loita.

Dixémosllo á Ministra Magdalena Valerio o día 31 de xullo: nós queremos unha solución ao noso Sistema Público de Pensións; nós estamos dispostos a traballar nesa solución, a achegar o que sabemos, a fixar prazos realizables e con compromisos, onde todos/as podamos sentir cómodos/as, pero nós non abandonaremos as rúas e as prazas de pobos e cidades, se só tratades de poñer parches a unha situación que se vén degradando desde a firma do Pacto de Toledo.

Temos a impresión, máis ben a constatación, de que o Goberno non busca a solución do problema, de que non lle interesa realizar unha reforma integral do SPP, que proporcione unha vida digna a millóns de cidadáns/as que malviven con pensións de miseria; de que non quere un debate aberto á sociedade, nin do por que chegamos a esta situación, nin de como podemos entre todos abordar as solucións futuras.

Temos a constatación dun Goberno que nin tan só se atreveu a mellorar o pacto establecido entre PNV e PP. Non se atreveu a fixar a subida das pensións de acordo co IPC, nin ha derrogar a Reforma do ano 2013 e o Factor de Sustentabilidade, o que nos aboca de novo a que volva o 0,25%. Dicímoslle alto e claro, que esperabamos algo máis que declaracións de boas intencións. Podémolo dicir máis alto, pero non máis claro, queremos a derrogación das dúas reformas de pensións de 2011 e de 2013, así como a Reforma Laboral do PP que escraviza aos traballadores, e a Lei Mordaza que impide o libre exercicio das liberdades cidadás.

Pero tamén, imos dicirlle ao Goberno de Pedro Sánchez desde xá, sobre todo o próximo día 2 de febreiro, en que a III Asemblea convocou a primeira gran mobilización deste ano, que non imos abandonar a loita, nin as rúas, que nacemos coa vontade de quedarnos e que faremos todo o que podamos, para conseguir os nosos obxectivos.

INSISTIR, PERSISTIR, RESISTIR.
GOBERNE QUEN GOBERNE, AS PENSIÓNS DEFÉNDESE,

Comisión de Portavoces.
---

Por un sistema Público de Pensións Digno, Xusto, Blindado e para asegurar o das novas xeracións.

Pola pensións presentes e futuras!!

Para contactar coa Plataforma:

Correo-e:
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com

Conta no Facebook:
https://www.facebook.com/DefensaPensionsFerrolterra/

Enviado por:
Plataforma Pensións Públicas Ferrol
plataf.pensionspublicas.ferrol@gmail.com
6 de janeiro de 2019 09:53

_______


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon