luns, xaneiro 21, 2019

'Narón Por Diante' comeza neste mes de Xaneiro o proceso de elección dos primeiros postos da candidatura e a elaboración do Programa de cara as eleccións Municipais


Comunicado de Narón Por Diante de cara as eleccións municipais.


Narón Por Diante comeza neste mes de Xaneiro o proceso de elección dos primeiros postos da candidatura e a elaboración do Programa de cara as eleccións Municipais.

Despois da elección como candidato a Alcaldía de André Abeledo Fernández, actual Voceiro de EU Narón no Concello, comeza o traballo de dar forma a un espazo de confluencia da esquerda naronesa ilusiónante.

O proceso está aberto a toda persoa que queira axuntar forzas para traballar por Narón e a nosa veciñanza.

Somos xente de esquerdas, xenerosa, utópica e realista, capaces de chegar a acordos que nos permiten avanzar e medrar.

Estamos dispostos a perder parte da nosa razón sen renunciar nin ao primeiro dos nosos principios.

Neste momento en que a ultradereita medra no mundo, en Europa e no Estado español estendemos que a unidade da esquerda é a estratexia a seguir.

En Narón Por Diante participan persoas de diferentes organizacións e tamén independentes, as decisións son tomadas en conxunto e con absoluta transparencia, a participación no proxecto estivo sempre aberta e así imos continuar.

Nin partidismos, nin personalismos deben estar por diante do noso deber histórico de organizarnos.

A historia esta para que aprendamos dos erros do pasado, o capitalismo en tempos de crise sistémica volve a espertar ao fascismo. O discurso do odio e o medo volve a ser sementado entre a clase traballadora.

Hoxe a unidade da esquerda é unha necesidade e un deber.

Con NARÓN POR DIANTE abrimos un espazo de confluencia para que a esquerda naronesa medre e se organice. A nosa candidatura será plural e vai emanar das decisións tomadas nas asembleas abertas que foron dando forma ao proceso de unidade.

Axúntate a NARÓN POR DIANTE!

Enviado por:
André Abeledo Fernández
-andre1474@gmail.com-
21 de janeiro de 2019 13:43

______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon