sábado, febreiro 16, 2019

Ante a anunciada entrada na Ría de Ferrol, dun novo buque gaseiro, cargado con gas natural licuado para a ilegal e perigosa Reganosa, o Comité Cidadán de Emerxencia convoca unha concentración sonora, este luns 18 de febreiro, ás 7 da tarde, na Praza Amada Garcia, diante do edifico da Xunta

Tags


Ante a entrada na Ría dun novo buque gaseiro que ten previsto descar en Reganosa, está convocada unha nova acción de protesta, na Praza Amada Garcia, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Ferrol.


CONCENTRACIÓN SONORA EN FERROL,
  LUNS 18 DE FEBREIRO, ÁS 7 DA TARDE
NA PRAZA AMADA GARCIA,
DIANTE DO EDIFICIO ADMINISTRATIVO DA XUNTA

O LNG, ten previsto descargar en Reganosa, miles de toneladas de gas natural licuado. Este buque faría o número 244 que entre na Ría de Ferrol cargado con GNL, mentres se produza a descarga no pantalán de Punta Promontoiro (Mugardos), perante 24 horas, aumentará de xeito exponencial, o xa de por si perigo que ten a Planta de Gas, instalada no corazón da nosa Ría. Un potencial perigo, para todas as persoas que moramos na contorna.

O Comité Cidadán convoca a participar na acción de protesta que quere poñer, unha vez máis, ao descuberto a corrupción política e económica que subxace en todo este despropósito que despois de catro sentenzas do Tribunal Supremo en contra da Planta de Gas, o anterior Goberno Español de Mariano Rajoy, dun partido corrupto até o espiñazo, que mediante unha resolución gobernamental, eximiu a Reganosa de ter que someter-se a avaliación ambiental, intentando chulear deste xeito as sentenzas condenatorias que declaran ilegal, á perigosa planta regasificadora.

Sentenzas

Din formalmente os políticos corruptos, cando lles convén que as sentenzas está para cumprilas, mais este non é o caso de Reganosa, con catro sentenzas do Tribunal Supremo que a declaran ilegal. O goberno español, daquela en funcións, de Mariano Rajoy, para saltar-se formalmente as sentenzas do alto tribunal, resolveu eximir a Reganosa de someter-se a preceptiva avaliación ambiental. Mesmo esta decisión gobernamental de exclusión da obriga de someter-se a avaliación ambiental foi custionada por "El Defensor del Pueblo". Reganosa foi construída de xeito fraudulento ao amparo dun acordo confidencial, asinado o 20 de xullo do ano 2000, baixo o paraugas do goberno Fraga, con empresas multinacionais da enerxía, o Grupo Tojeiro e Caixa Galicia, entidade financeira corrompida pola súa directiva, hoxe moitos dos seus membros condenados por sentenza firme.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.


Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Enviado por:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan gmail.com-
14 de fevereiro de 2019 21:20
_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon