xoves, febreiro 14, 2019

Continuamos coas FotoCharlas no Ateneo Ferrolán. Xoves día 21 de Febreiro contamos con Xoel Rodriguez Sanjurjo


FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019


Todas as charlas serán ás 19:30 h. no Ateneo Ferrolán.

A asistencia será gratuíta ata completar aforamento.

Fran Nieto en colaboración co Ateneo Ferrolán e uns bos amigos e grandes fotógrafos organiza unha serie de charlas sobre diferentes temas nos próximos días.

O 7 de Febreiro inauguración das FotoCharlas falando de xestión de cor, unha presentación moi dirixida a entender como funcionan os perfís de cor e axudarvos a resolver os problemas de impresión e visualización das vosas tomas.

O 14 de Febreiro José Pardo falaranos da apaixonante aventura de editar un libro, dos retos que supón e como afrontalos con éxito. Traerá algúns exemplares das súas publicacións por se queredes adoptar algún dedicado.

O 21 de Febreiro contamos con Xoel Rodriguez Sanjurjo que nos mostrará a evolución do seu estilo persoal, moi centrado na fotografía de retrato, e das motivacións que o xestaron.

O 28 de Febreiro veremos a forma en que Rubén Pérez Novo (Fris), obtén tomas macro no campo, un paseo apaixonante por un mundo en miniatura.

O 7 de Marzo acompañaranos Pablo Mauriz para ensinarnos a planificar as nosas viaxes en función da climatoloxía, das mareas, da posición do sol… É a mellor forma de sacar o máximo partido á fotografía de paisaxe.

http://frannieto.es/fotocharlas-en-ferrol/

Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
13 de fevereiro de 2019 12:53

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon