Por Iván Rivas [*]
05.02.2019
Pola presente autoproclámome alcalde de Ferrol dado o lamentable estado no que se atopa a cidade e a pésima labor do actual goberno. É máis, dado que Deus creou o mundo en seis días e ao sétimo descansou doulle un día máis para que non se queixe. Oito días para que o señor Suárez se vaia, e rápido porque ou ben se refuxia nos límites fronteirizos da UE na Turquía galega ou acabará facendo solitarios xunto aos independentistas cataláns na prisión de Lledoners.
A partir de mañá contarei co respaldo da Mancomunidade de municipios, das Confrarías de Semana Santa, da dirección de Navantia, da TVG e co apoio loxístico das F-110 que tan xenerosamente España consignou como investimento para Ferrol nos orzamentos do Estado en previsión de situacións como esta e co obxecto de facelas nosas cando nos independicemos.
Obviamente sempre desde o respecto á pluralidade de pensamento, aos principios democráticos e con intencións pacíficas, claro. Ademais comprométome a convocar eleccións para o 26 de maio e a defender a toda a xente boa e condenar a toda a xente mala.
Publicado no xornal comarcal 'Diario de Ferrol - 05.02.2019. | Artigos.
[*] Iván Rivas Rico, -A Pontenova 1976, é arquitecto de profesión, concelleiro e portavoz do grupo municipal do BNG en Ferrol desde xaneiro de 2012, na anterior etapa e na actualidade. Foi elixido cabeza de lista polo BNG, para as eleccións locais de maio deste 2019. No buscador libre DuckDuckGo.
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciog@gmail.com-
9 de janeiro de 2019 00:28
_____________ ________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon