xoves, febreiro 07, 2019

Manifestación en Compostela de SOS sanidade pública, para enviar unha mensaxe clara á Xunta de Galicia: 'Coa sanidade non se negocia' - Para inscricións, contactade vía telefónica ou por whatsapp co número 645819494


SOS SANIDADE PÚBLICA

As pacientes da sanidade pública están a vivir un ataque feroz aos seus dereitos máis elementais, a dignidade, a saúde, a vida digna. O esgotamento de recursos e profesionais dan lugar a unha rebelión dentro dos propios profesionais que, de xeito autoorganizado, vila por vila, están a mobilizarse e poñer na primeira plana da vida pública este verdadeiro atentado que pon en risco a vida mesma.

Exiximos a Xunta de Galicia que non especule cos dereitos fundamentais, que dote de fondos suficientes ao noso ben máis preciado, a sanidade pública por encima dos recortes que, como sabemos, forman parte do establishment austericida impulsado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

A crise económica non pode ser a excusa nin o argumento para desviar fondos en manter privilexios mentres as listas de espera, as derivacións á sanidade privada e a derrogación de facto dos PAC están a dilapidar o noso ben máis prezado aínda que precario, o estado de benestar.

Facemos un chamamento á cidadanía a mobilizarse, o vindeiro domingo día 10 de marzo na Alameda, dando apoio e soporte a SOS sanidade pública, convocante desta mobilización, precisamos enviar unha mensaxe clara á Xunta de Galicia, coa sanidade non se negocia. Por iso, ofrecemos un autobús gratuíto para asistir a esta mobilización co seguinte horario:

Saída do monumento 10 de marzo, ás 10:00 horas da mañá.

Regreso dende as dársenas de Xoan XXIII o mesmo 10 ás 14:00 horas.

Autobus a Compostela desde Ferrol


Para inscricións, contactade vía telefónica ou por whatsapp co número 645819494, atendéndose a riguroso orde de chamada.

Acudide!

_______________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon