A participación cidadá só para a precampaña.
Xa se empeza a notar a precampaña electoral, pois aparecen os políticos convocando reunións, mentres os seus equipos de campaña andan “perseguindo” telefonicamente aos veciños para que acudan para “dialogar e escoitalos”. Claro que é normal que algúns veciños sentan burlados e indígnense!, e máis cando se trata do Tripartito no goberno.
Moitos veciños van ao concello a expoñer súas preocupacións, pero en bastantes ocasións queixáronsenos de que aos concelleiros do Goberno non se lles atopaba no concello, nin nas horas programadas para atender aos veciños, iso que algúns teñen dedicación exclusiva! Tampouco o teléfono serviu para falar con eles en moitas ocasións, sobre todo se xa sabían de que ía o tema e non lles interesaba.
A Eliximos puxéronllo todo o difícil que puideron, ata para ir ao Concello ou atender aos veciños: coa xornada de traballo do concelleiro pola mañá, só lle xustificaron ausencias laborais mínimas para as reunións oficiais e tampouco houbo persoal de confianza para o Grupo Mixto a diferenza dos demais grupos.
Hai reunións de participación cidadá (en teoría una ao semestre) que inicialmente eran para as asociacións, aínda que, ante as protestas e as ausencias, decidiron abrilas á cidadanía, pero nin así se aumentou a participación. Claro que a primeira que faltaba era a Alcaldesa, delegando na concelleira de Participación. En teoría ía modificar o regulamento de Participación Cidadá en febreiro de 2018, para o que desde Eliximos achegamos varias propostas, pero todo quedou no caixón para logo abrir outro novo prazo, …, así que esgotado o tempo, xa será para a próxima lexislatura.
Nunca é tarde se a dicha é boa!, afirma o dito, pero que TEGA veña agora facendo reunións cos veciños para escoitalos parece de broma e deixa ver claramente que foron outros 4 anos sen contar con eles, salvo cando se vían forzados.
¡Parece que teñen razón os que din que necesitabamos eleccións todos os anos para que os veciños importen algo!
Eliximos Narón Electores (ENE)
Grupo Mixto do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n – Entrechán
15570 Narón (A Coruña)
673141822 - eliximos@gmail.com
Narón, moito por facer
...fagámolo, xuntos podemos.
Web:
http://eliximos.es/
twitter:
https://twitter.com/eliximosnaron
facebook:
https://www.facebook.com/groups/Eleximos.Naron/
Enviado por:
ENE Eliximos Narón Electores
-eliximos@gmail.com-
14 de março de 2019 11:04
_________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon