NARÓN POR DIANTE dá o pistoletazo de saída de cara as eleccións municipais.
André Abeledo, Sonia Mauriz, Xesús Anxo López Pintos e Lore Bermúdez representaron a candidatura da esquerda de Narón durante o acto.
Veciñas e veciños de Narón apoiaron a presentación da candidatura.
Tamén o fixeron Yolanda Diaz Perez (Parlamentaria de En Marea), Antón Sánchez García (Voceiro Nacional de ANOVA e Parlamentario), e Jorge Suárez (Alcalde de Ferrol e candidato a Alcaldía de FERROL EN COMÚN).
Todos entenderon que NARÓN POR DIANTE é unha necesidade para Narón, unha oportunidade de cambio ilusionante, unha candidatura de xente disposta a traballar por Narón.
André Abeledo entende que despois de 30 anos de continuismo e de demasiado tempo de simple inercia é hora de que Narón teña un goberno capaz de ser o motor capaz de facer que Narón avance. Iso vai ser NARÓN POR DIANTE, o motor do cambio.
NARÓN POR DIANTE reuniuse co Clube de Balonmán Narón
André Abeledo aplaudiu o esforzo da nova directiva para tentar que o ano que ven un equipo feminino comece a súa andaina na liga autonómica representando a Narón.
Abeledo entende necesario apostar con forza por aqueles equipos que traballan co deporte de base e que tentan diversificar a oferta deportiva do noso Concello de cara a xuventude.
É unha moi boa noticia que ao equipo Alevin Mixto, ao Infantil e ao Senior, súmese agora un equipo feminino.
André Abeledo tamén indicou que dende Narón Por Diante somos conscientes das dificultades de ter que competir a nivel Autonómico, posto que os gastos xa so en desprazamentos para xogar cada semana dispáranse.
Dende Narón Por Diante tamén aplaudimos a iniciativa da directiva de tentar levar adiante en Narón un campamento multideporte, así como que en Narón poidamos desfrutar dunha concentración da selección española absoluta tamén en feminino.
Entenden necesario mellorara a programación horarios/calendario dos pavillóns e unha distribución dos mesmos atendendo a dar prioridade ao deporte de base.
Precisan de atopar patrocinadores, algo no que Abeledo entende que o Concello debería implicarse activamente.
Falamos de buscar a posibilidade de recibir os cartos do convenio en dúas partes, sendo o primeiro pago ao principio da tempada que é cando mais o precisan. É de tentar acurtar e simplificar os prazos e tramites burocráticos para recibir as axudas.
Dende Narón Por Diante amosamos o noso agradecemento a unha directiva de xente moza, que foron xogadores e adestradores e teñen proxectos moi ilusiónantes para fomentar o deporte no noso Concello.
NARÓN POR DIANTE reuniuse co comité de Pull&Bear da Planta de Narón no Polígono do Rio do Pozo
André Abeledo agradeceu aos membros do comité unha reunión que definiu como entre compañeiros, de traballadoras e traballadores con conciencia de clase que loitan na súa empresa e entenden a necesidade de traballar nas administracións por unha cidade mais humana.
Precisamos dun goberno local que comparta trincheira coa clase traballadora.
Durante a reunión falouse da necesidade de dotar a Narón de servizos que faciliten avida da clase traballadora, como un transporte público que de servizo aos traballadores e traballadoras que se desprazan ao polígono. Tamén da necesidade de que os horarios das gardarías adáptense realmente as necesidades das traballadoras e traballadores.
Tratamos tamén problemáticas laborais derivadas dunha reforma antiobreira e unha lexislación que deixa a traballadoras e traballadores indefensas. Deslocalización, EREs, e o roubo dos nosos dereitos, fan que preciso que unha organización política que defenda os intereses da clase traballadora gobernen na nosa cidade.
NARÓN POR DIANTE visitou as instalacións da Asociación COMETA.
André Abeledo explica que o fixemos para coñecer de primeira man a súa realidade e as súas necesidades.
O benestar animal estivo presente no noso traballo no concello, e entendemos que o respeto aos animais é maior nas sociedades máis avanzadas a nivel social.
Aplaudimos a labor de COMETA, aos seus socios, pois grazas a eles é posible o financiamento, e sobre todo a entrega altruísta dos seus voluntarios para có benestar animal, pois sen eles sería imposible sacar adiante este importante traballo.
O trato recibido polos cans recollidos en COMETA é excepcional, esta cheo de amor, de dedicación, e de entrega, persoas marabillosas fan entrega do seu tempo libre para coidalos.
Durante a visita constatamos ata que punto o esforzo é grande, os gastos veterinarios son moi elevados, os amaños, a alimentacións, as medicinas, sen dubida este tipo de iniciativas precisan de mais axudas dende as distintas administracións.
Abeledo tamén preguntou se tiñan solicitado punto de luz, posto que nesa zona non hai ningún, o punto foi solicitado pero a contestación foi que debería ser costeado integramente pola asociación COMETA. André Abeledo entende que 5 postes de luz son realmente inasumibles para COMETA, pero o Concello ten as ferramentas para facelo posible, e debería tamén ter a sensibilidade.
NARÓN POR DIANTE reuniuse tamén fai uns días coas representantes da asociación COMETA nunha reunión de traballo para escoitar e discutir propostas para que Narón avance na protección animal.
Lembramos que André Abeledo foi moi activo nestes catro anos levando mocións e propostas ao Concello para que a protección e o respeto aos animais avancen na nosa cidade.
Narón declarouse “Cidade Libre de Circos con Animais”, prohibiu os carruseis de ponis, aprobou a posta en marcha de colonias felinas ou C.E.S (Captura, esterilización e solta), grazas a Mocións e propostas defendidas polo candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, André Abeledo.
Da conversación coas compañeiras de COMETA aprendemos moito, e dende NARÓN POR DIANTE comprometemos a visitar este martes día 19 de marzo as instalacións de COMETA.
Maila que Narón é un Concello dos máis extensos territorialmente de Galiza, sen embargo os espazos verdes para poder desfrutar cos nosos amigos peludos escasean e os poucos existentes non teñen nin características axeitadas nin mantemento suficiente como para satisfacer a necesidades dos cidadáns que adquiren o compromiso de ter un animal como un membro máis da familia.
Primeiramente podemos observar que os parques caninos son considerablemente pequenos para a maioría de cans de tamaño grande. O que provoca que o ambiente neles sexa inseguro tanto para os donos como para os animais. Os cans son animais que aman o espazo e se este é reducido poden estresarse con facilidade e amosar actitudes agresivas cara outros cans que queiran entrar no parque, xa que consideran que o territorio e seu.
Por outra banda os peches son débiles e en moitos lugares están deteriorados. A altura tampouco é suficiente para que cans de envergadura mediana ou grande non poidan saltar con facilidade.
Un aspecto fundamental destes espazos é a estigmatización das razas, nomeadamente os PPP (can potencialmente perigoso). Neste momento os PPP non poden acceder aos parques, por lei autonómica, impedíndolle socializar con outros cans o que ven sendo un aspecto vital para calquera can. Non debe descoidarse a seguridade pero non se debería estigmatizar a un animal Pola raza.
A solución sería aumentar os espazos de lecer canino, tanto en número como en tamaño, con elo conqueriríase habilitar lugares de recreo, socialización e desfrute para que os animais estean relaxados sen ver o seu territorio ameazado, un censo canino no noso Concello axudaría a saber cales son as necesidades e onde.
As perdas e fuxidas de mascotas reduciríanse pois non sentirían a necesidade de estar ceibes e ,por suposto, solventaríase a necesidade de ter lugares onde levar aos nosos cans sen sentirnos criminalizados por ter un familiar de catro gadoupas.
Teríamos con elo un concello pioneiro nesta materia de protección e convivenza animal.
Outro tema que se adoita tratar e o xeito de integrar na vida social cotiá as persoas que deciden adquirir o compromiso de inxerir un animal na familia. Cada día son máis as persoas que optan pola adopción dun animal, mais na vida cotiá enfróntanse a estigmatización , exclusión ou illamento social.
Certo é que debe esixirse un mellor control do cumprimento das obrigas que un cidadán responsable ten por ser dono dun animal, por exemplo , son fundamentais o control de recollida de excrementos e a posta do microchip pero tamén é preciso inculcar na sociedade o respecto por esas persoas que decidiron coidar dun animal.
Para favorecer esta convivenza , poderíanse establecer horarios ou permisos.
No tócante aos adóptantes de animais observamos varias problemáticas a abordar urxentemente.
A obriga de ter aos cans identificados mediante o chip aínda é unha asignatura pendente en moitos fogares. O chip é a única medida eficaz para evitar o abandono e maltrato, xa que cando non o ten non se recoñece a propiedades e ,polo tanto, dificulta ou imposibilita a denuncia.
Ademais en caso de perda facilita atopar a familia do canciño extraviado. Sería preciso crear campañas de “Posta de microchip” a prezos reducidos ou convenios do Concello con veterinarios.
Outra lacra, normalizada, é de manter aos cans atados con cadeas en fincas, patios á intemperie e incluso pechados en balcóns. Esta costume ademais dunha crueldade é unha ilegalidade recollida na Ordenanza de Benestar Animal aprobada a principios de ano.
Maila a lei, na práctica non existe un sistema de control municipal nin intención de crealo. Acontecen situacións de maltrato, animais encadeados tódolos días, meses, anos...ata morrer de soidade e debilidade. Pero para unha asociación ou particular non se pode denunciar porque se esixen probas feacentes. Como vai se posible probar que un animal está 24 horas atado ou as 8 que permite a lei?.
Por elo se esixe o cumprimento da lei con medidas de control municipal.
É fundamental a colaboración e cooperación directa entre Asociacións como COMETA e a policía local, para frear os casos de abandono e maltrato que existen no noso Concello.
Outro grande problema no noso concello é a poboación de colonias felinas na rúa, para os cales ata o momento non se tomou ningunha medida respectuosa e de calidade, a pesar de que as Ordenanzas inclúen a proposta de EU Narón de poñer en marcha as colonias felinas.
Neste caso, a asociación COMETA leva anos desenvolvendo o proxecto C.E.S (Captura, esterilización e solta) nalgunhas colonias de Narón, como a de Freixeiro, a cal a día de hoxe está controlada nun 80% aproximadamente.
Segundo a nova Ordenanza de Benestar Animal, é o Concello o responsable de tal control, pero ata agora o Goberno de Narón non tomou as medidas as que se comprometeu.
Por outra banda, as persoas que alimentan actualmente as colonias, preocupándose do estado de saúde e da alimentación destes gatos, e poñendo do seu peto os cartos para coidalos do mellor xeito posible atópanse que son criminalizados ou considerados tolos, por tentar protexer a animais en situación de risco de atropelo, enfermidade, ataques, fame…
Dende COMETA entenden que debería levarse a cabo unha colaboración entre Concello e estes benfeitores para que as colonias nas rúas tiveran atencións dignas e hixiénicas, habilitando espazos controlados onde situar casetas, utensilios para alimentación e, por suposto, levando a cabo esterilizacións para evitar a superpoboación.
Nun territorio tan senlleiramente rural a tenenza de cabalos é moi popular, sen embargo en moitos casos non se teñen nas condicións axeitadas, permanecendo atados en descampados sufrindo altas temperaturas en verán sen sombra e as inclemencias do inverno sen sequera un sitio onde acubillarse. Dende o Concello deberían tomarse medidas de control nestes casos obrigando aos propietarios a ter un espazo habilitado de cobixo con auga.
Abeledo transmitiulles que dende NARÓN POR DIANTE tomamos nota, e o máis importante facemos nosas as súas demandas para integralas no noso programa para construír un Narón máis humano, e tamén mais respetuoso cós animais.
André Abeledo reunirase có comité de CLECE, empresa que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón. Para abordar a situación das traballadoras e traballadores e os incumprimentos do convenio colectivo por parte da empresa.
Abeledo ao fronte do Equipo de Traballo de NARÓN POR DIANTE reunirase o próximo martes día 26 de Marzo co Comité de Empresa de CLECE, Alex Bello responsable comarcal de CCOO participará tamén na reunión.
O candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, André Abeledo rexistrou unha Moción para o Pleno deste mes de Marzo apoiando as reivindicacións do plantel da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón.
Na Moción tamén pide ao Concello executar a resolución do contrato tal e como marca a Lei de Contratos do Sector Público no caso de incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor durante a execución do contrato. E que o Concello de Narón se dote dun órgano de seguimento das condicións sociolaborais das traballadoras e traballadores que executan traballos para o Concello.
Texto da Moción:
Os representantes das traballadoras denunciaron en inspección de traballo o incumprimento do convenio colectivo por parte da empresa CLECE que leva o servizo de axuda a domicilio no Concello de Narón.
Segundo consta na denuncia empresa non esta a cumprir coas condicións que establécense no contrato a hora de dar este servizo.
Nós entendemos que o máximo responsable de fiscalizar o bo funcionamento do servizo e de controlar os incumprimentos das empresas contratadas, sobre todo cando falamos dun servizo tan vital como é a axuda a domicilio, é o contratante do servizo, o (Concello de Narón).
Atopámonos con que o aumento das horas para axuda a domicilio non supuxo como contemplan os pliegos a dignificación deste traballo, referímonos a converter tempos parciais en totais para conseguir que estas coidadoras poidan ter un salario digno.
Ademais moitas das persoas coidadas tamén sofren cos continuos cambios de coidadora, os pliegos contemplan que por un mesmo domicilio non pasen mais de catro coidadoras, e atopámonos con casos onde chegan a pasar ata vinte, algo que para aquelas persoas con as súas facultades mentais mermadas é moi prexudicial.
Os representantes das traballadoras e traballadores denuncian entre moitos outros incumprimentos que CLECE non elabora como esixe o convenio un calendario laboral con carácter anual.
Denuncian que a empresa modifica de maneira unilateral a xornada de traballo.
Denuncian que o 100% das contratacións a tempo parcial son xornadas partidas.
Denuncian a empresa incumpre a hora de cubrir as bacantes.
Denuncian que CLECE non considera tempo de traballo efectivo utilizado polas traballadoras e traballadores para ir a recoller as luvas, ou cubrir os moitos formularios a que a empresa obriga.
Denuncian tamén que algúns traballadores e traballadoras sofren unha carga de traballo excesiva.
Lembremos que falamos de cumprir coa legalidade. Lei 9/2017, de 8 de Novembro, de Contratos do sector Público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as Directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE, de 26 de febreiro de 2014.
Artigo 211 Causas de resolución
i) O impago, durante a execución do contrato, dos salarios por parte do contratista aos traballadores que estiveran participando na mesma, ou o incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor para estes traballadores tamén durante a execución do contrato.
Ante esta denuncia non podemos máis que esixir que sexan atendidas as xustas reivindicacións das traballadoras.
ACORDOS
1.Amosar o apoio as reivindicacións do plantel da empresa CLECE.
2.Executar a resolución de contrato tal e como marca a Lei de Contratos do Sector Público no caso de incumprimento das condicións establecidas nos Convenios colectivos en vigor durante a execución do contrato.
3. Dotar ao Concello dun órgano de seguimento das condicións sociolaborais das traballadoras e traballadores que executan traballos para o Concello.
https://www.facebook.com/naronpordiante/
https://twitter.com/naronpordiante
Se queres sumarte a Narón por Diante, unión popular de esquerdas , feminista e comprometida coa sostenibilidade medioambental só tes que rechear o formulario, recibirás toda a información,convocatorias, poderás formar parte dos nosos grupos de traballo , dos órganos políticos ou no que poidas aportar segundo a túa disponibilidade. | Aceceder.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
15 de março de 2019 23:25
20 de março de 2019 11:59
22 de março de 2019 00:27
23 de março de 2019 10:36
23 de março de 2019 10:52
_________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon