Veciños de Santa Icía quéixanse das molestias que causan as gaivotas no seu barrio. | Abeledo rexistrou unha Moción urxente para o Pleno.
André Abeledo rexistrou unha moción urxente para a adopción de medidas para o control da poboación de gaivotas na zona urbana de Narón.
Veciños de Santa Icía levan queixándose das molestias que causan as gaivotas no seu barrio sobre todo na época de cría.
As gaivotas adoitan nidificar en poboacións naturais: illotes, rochas ou acantilados. Sen embargo, nos últimos anos a elevada densidade de individuos nas poboacións naturais xerou unha escaseza de lugares de nidificación, o que implica que estas aves poidan establecer as súas zonas de nidificación en áreas humanizadas.
Nestas zonas acostuman formar os seus niños preferentemente en lugares pouco accesibles e con abundantes sombras e reconcos, como por exemplo, tellados, chemineas, terrazas,…
O crecente aumento das poboacións de gaivotas débese a que aprenderon a explotar dúas fontes de alimento: os vertedoiros, contedores de lixo e do peixe na zona costeira. Isto supón que a densidade de individuos sexa cada vez maior, e que as colonias se despracen ata zoas humanizadas en busca de máis alimento e novas zonas para nidificar.
As gaivotas son coñecidas por ser aves moi territoriais, especialmente nesta época, cando hai crías de por medio.
Ao ser aves gregarias e ruidosas, a súa presenza causa molestias en zonas urbanas polos ruídos e ataques destas aves. E a nidificación en edificios implica molestias polo ruído e a sucidade por acumulación de excrementos.
Os traballos de control da especie deron os seus froitos en Ferrol, cunha redución da colonia de gaivotas dun 54 % nos últimos dez anos.
As técnicas para poñer coto a estas pragas son moitas e variadas, aínda que todo depende da especie e do presuposto. O ideal é unha acción prolongada no tempo que permita un control sistemático da poboación.
Estes traballos de retirada das zonas de cría realízanse dende Maio ata o verán.
Por este motivo entendemos necesario diminuír a medio prazo a poboación reprodutora “urbana” e desprazala ata zonas naturais. Para minimizar no posible as molestias que as gaivotas ocasionan á cidadanía, sobre todo no período de cría.
ACORDOS:
1. Solicitamos un estudo sobre a poboación de gaivotas nos barrios da nosa cidade onde existan queixas veciñais, sobre todo na época de cría.
2. Solicitamos ao Concello de Narón que tome as medidas axeitadas non lesivas (evitando métodos como lazos, tanzas, etc que son cruentos) para o control desta ou outras especies.
3. Solicitamos medidas complementarias a adoptar para non facilitar o acceso ao lixo, recordando á veciñanza non deixar as bolsas fora dos contedores, poñendo máis se fose necesario para evitar facilitarlles o foco de alimentación. Temos como exemplo a zona de Santa Icía que é un punto de gran nidificación onde a superpoboación de gaivotas orixinan as queixas dos veciños.
Asdo.: André Abeledo Fernández
Voceiro do Grupo Municipal de Esquerda Unida.
Candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE.
https://www.facebook.com/naronpordiante/
https://twitter.com/naronpordiante
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
25 de abril de 2019 00:22
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon