mércores, abril 24, 2019

Actos da XII Semana de Poesía Salvaxe no Ateneo Ferrolán, o xoves 25 de abril ás 6 da tarde - E unha exposición de Retratos 'Poetas' de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané)


Exposición Retratos "Poetas" de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané)

Do xoves 25 de abril ata o 9 de maio.

A obra de Juan Manuel Álvarez Romero, Mané, pode pasar dunha poética simbolista ao caos máis absoluto sen perder a súa esencia, a súa pegada máis profunda.
Roberto Matta.

O artista andaluz afincado en Galicia expón no prestixioso Ateneo Ferrolán unha serie de obras intimas inspiradas no evento cultural "Poesía Salvaxe" que vén realizando desde fai máis dunha década nesta cidade, o artista sevillano retrata cun concepto post-minimalista a un grupo de amigos e poetas da cidade e outros que proveñen de toda a xeografía do país.

Con esta mostra volve sorprender coa súa poética conceptual e simbólica un dos artistas que é recoñecido polo seu traballo no campo da simboloxía tartésica e fenicia que tan ben nos transmite a través dos seus cadros, contándonos historias mitolóxicas destas antigas civilizacións que deixaron unha gran influencia na nosa península.

Esta mostra que se expón en Ferrol, intima e persoal do autor que sen dúbida nos deixará coñecer un pouco máis no seu labor como creador poderase ver a partir do 25 de Abril ao 9 de Maio. Ferrol, Galicia.


Actos da XII Semana de Poesía Salvaxe no Ateneo. 25 de abril ás 18 h.

Tamén na XII Semana de Poesía Salvaxe estarán o 25 de Avril, as poetas Sandra Santos - Portugal e Raquel Lima a partir das 18 h. no Ateneo Ferrolán.

--
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.

e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
24 de abril de 2019 12:18
___________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon