venres, abril 12, 2019

Amelia Tiganus en Ferrol, este venres 12 de abril, impartirá unha conferencia na Biblioteca Municipal: 'Prostitución e trata sexual: Violencia sexual e neoliberalismo' - A activista feminista e integrante de feminicidio.net


A área da muller da Asociación Cultural Fuco Buxán organiza a conferencia "Prostitución e trata sexual: Violencia sexual e neoliberalismo" a cargo da activista feminista e integrante de feminicidio.net, Amelia Tiganus.

Este conferencia terá lugar o vindeiro venres 12 de abril de 2019, na sala audiovisual da Biblioteca Municipal de Ferrol, ás 19:30hs. Non é preciso inscribirse porén, a sala audiovisual da Biblioteca Municipal ten un aforo limitado.

Amelia Tiganus é unha activista feminista e defensora dos dereitos humanos das mulleres, nacida o 11 de marzo de 1984 en Rumanía. Vive en Euskadi e desenvolve o seu traballo en feminicidio.net, un proxecto social do que forma parte a partir de 2015 e onde actualmente sostén o cargo de coordinadora da plataforma de formación online e do proxecto de prevención, formación e sensibilización sobre prostitución, trata, violencia sexual e outras formas de violencia contra as mulleres.

Amelia estaría con nós o pasado día 28 de febreiro no Foro de Prostitución, organizado por Fuco Buxán en colaboración coa Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC e o Concello de Ferrol, máis tiña a recepción do merecido premio "Comadre de Oro" 2019 de La Tertulia Feminista.

A través do devandito Foro, analizamos con investigacións o entorno e o contexto no que se move a prostitución. Nesta ocasión, consideramos moi importante dar voz a mulleres que lograron sobrevivir á trata e ao sistema prostitucional para coñecer de primeira man esta realidade.

Amelia Tiganus é integrante da plataforma feminicidio.net, un observatorio da sociedade civil organizada que naceu co fin de documentar e visibilizar unha barbarie normalizada: o feminicidio, o asasinato de mulleres por ser mulleres.

É un portal de información e periodismo de datos con perspectiva de xénero que se nutre da elaboración de reportaxes, entrevistas, artigos, investigacións especiais e informes sobre feminicidio e violencia de xénero en España e Iberoamérica.

Pero é moio máis que un portal de información, tamén contén a 'Geofeminicidio': unha aplicación tecnolóxica [...], de uso de balde e a disposición de ONG, institucións públicas e medios de comunicación que permite a documentación online de feminicidios e asasinatos de mulleres.

Por outro lado, no portal funciona unha plataforma E-learning a través da que imparten cursos online.

Podemos coñecer un pouquiño máis a Amelia Tiganus a través de esta entrevista realizada por Beatriz Ranea Triviño, politóloga-socióloga, da revista Atlánticas, monográfico sobre prostitución.

Aproveitamos a ocasión para recomendarvos a lectura completa da revista.

Evento:
https://www.facebook.com/events/302917683710953/

fucobuxan@gmail.com


Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
12 de abril de 2019 07:28

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon