A veciñanza pide que o Xuzgado de Paz sexa accesíbel para as persoas con mobilidade reducida
André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, faise eco da queixa da veciñanza en relación a acceder do Xulgado de Paz.
Esta petición non é nova posto que usuarios e traballadores do Xuzgado veñen reclamando fai tempo a necesidade de que o piso superior do Xuzgado sexa accesíbel as persoas con mobilidade reducida.
Abeledo fai fincapé en que a reivindicacións da veciñanza é tamén unha obriga para o Concello, posto que é un edificio público ao cal faise obrigado acudir por diferentes trámites.
A mellor solución sería sen dúbida un ascensor, pero o caso é que o Concello ten a obriga de que os edificios públicos sexan accesibles para todas e todos.
---
NARÓN POR DIANTE REÚNIUSE CON CEIDA PARA TRABALLAR SOBRE O SEU PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) deu o seu punto de vista sobre o programa ambiental da formación naronesa, sendo a consulta moi produtiva en canto aos principais eixos do mesmo.
A retirada de eucaliptos, fomentando a concienciación e a substitución de especies, con especial énfase en terreos de titularidade pública; a renovación do alumeado público por un máis eficiente, ou unha proposta técnica para a elaboración dunha liña de transporte público ao Polígono do Río do Pozo, foron os principais temas a tratar.
Lembremos que André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE presentou ao Pleno de Concello unha "MOCIÓN POLA DEFENSA DA BIODIVERSIDADE FRONTE Á EUCALIPTIZACIÓN", na que se solicitaba:
Que o de Narón se declare a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sostible da flora e a fauna autóctona da nosa terra e que se elabore unha ordenanza municipal que inclúa beneficios para os propietarios de plantacións con especies autóctonas.
Solicitar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño a inscrición do eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do estado español.
Solicitar á Xunta de Galicia colaboración para elaborar un plan municipal de prevención de lumes con especies autóctonas como xa se está a facer noutros Concellos galegos.
Facer cumprir con carácter urxente as distancias mínimas especificadas no anexo II da Lei 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia, para:
– Afastar debidamente esta especie dos mananciais, regatos e ríos.
– Separar de calquera ben inmoble, dos pastos e das zonas agrarias.
– Afastar as plantacións das estradas convencionais e liñas eléctricas.
– Romper a continuidade das masas forestais de eucalipto con distancias mínimas de separación.
Abeledo insiste en que o futuro da Galiza pasa tamén pola defensa da nosa biodevirsidade, a nosa fauna, a nosa flora, e por unha ordenación do territorio racional e sostenible que permita deixar aos nosos fillos unha Galiza mellor.
Unha das propostas máis relevantes, agora que se aproxima o ano Xacobeo, pasará pola mellora dos itinerarios do Camiño de Santiago e de San Andrés de Teixido, actualmente en pésimo estado, facendo fincapé na accesibilidade a persoas con mobilidade reducida e o seu aproveitamento como sendeiros urbanos.
Narón por Diante contará con outras propostas no seu programa coma a creación de máis espazo público, integrando o medio natural co rural e o urbano, mediante sendeiros verdes que se introduzan nos diferentes barrios. A humanización dos barrios completarase coa proposta técnica de rúas peonís e a arborización, que limitará a contaminación visual e acústica.
https://www.facebook.com/naronpordiante/
https://twitter.com/naronpordiante
Se queres sumarte a Narón por Diante, unión popular de esquerdas , feminista e comprometida coa substentabilidade medio ambental só tes que encher o formulario, recibirás toda a información,convocatorias, poderás formar parte dos nosos grupos de traballo , dos órganos políticos ou no que poidas aportar segundo a túa dispoñibilidade. | Aceceder.
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
4 de abril de 2019 18:42
4 de abril de 2019 18:47
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon