André Abeledo mantivo unha xuntanza co Comité de Indepunt
André Abeledo, concelleiro e candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE, mantivo xunto co seu equipo de traballo unha xuntanza co Comité de Indepunt.
Durante a xuntanza falouse da necesidade de que o transporte público chegue ata o polígono, un servizo de transporte que permita a mobilidade real da veciñanza é para nós un dereito.
Falamos da insuficiente iluminación do polígono e dos problemas de seguridade.
Tamén da nova gardería sita no polígono industrial que no seu momento vendeuse como unha ferramenta para facilitar a conciliación das traballadoras e traballadores, pero que na practica non ten un horario adaptado ao industrial, e vai a estar pechada todo o mes de Agosto a pesar de que a actividade no polígono non para neste mes. Unha gardería cun prezo que non ten melloras para as traballadoras e traballadores que son usuarios, un prezo de mercado, cando si o obxectivo é axudar a conciliación aos planteis das distintas empresas debería ter algún tipo de convenio ou subvención que a faga accesible para todas e todos.
Por outra banda estivemos de acordo a na apostar por un carril bici que vertebre Narón e chegue tamén a dar servizo aos polígonos da nosa cidade.
NARÓN POR DIANTE
Enviado por:
Naron Esquerda Unida
-eu-naron@esquerdaunida.org-
5 de abril de 2019 14:04
________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon