Iván Rivas esixe a Jorge Suárez que deixe de facer de cobrador do frac de Emafesa
O voceiro do BNG de Ferrol, Iván Rivas, esíxelle a Jorge Suárez que deixe de facer de cobrador do frac de Emafesa. Lémbralle que estamos neste lío porque FeC e PP pactaron facerse cargo da depuradora mentres os veciños e veciñas protestan a diario polos abusos da taxa.
Así o afirma Rivas en relación á proposta de requirimento do Concello de Ferrol para o abono de case 1,4 millóns de euros, cantidade en que se cifra o custe do servizo de saneamento prestado ao Concello naronés dende 2017, e que FeC pretende someter a aprobación no pleno de fin de mes. “As administracións públicas deben estar ao servizo dos veciños e das veciñas e non que se poñan de acordo para defender os intereses da parte privada dunha empresa ante a cal Jorge Suárez está actuar coma o seu delegado”, afirma o voceiro nacionalista.
O BNG denuncia que o Goberno Municipal está a actuar como representante dunha transnacional, que o está a empregar como unha especie de cobrador do frac para pedirlle unha débeda á Narón que, en todo caso, terán que resolver entre eles. “O que lle reclame Emafesa ao Concello de Narón, será un problema do Concello de Narón. Levar esta proposta ao pleno de maneira acrítica implica que o goberno de FeC avala os custes totais que Emafesa lle está a impoñer ós veciños e veciñas de Ferrol. Trátase dun feito inadmisible e inasumible non só para o Bloque Nacionalista Galego senón para o conxunto de veciñas e veciños desta cidade”, remachou Rivas.
Para o BNG é lamentable ver como os gobernos locais actuais e pasados de Ferrol e Narón, no canto de poñerse de acordo para rematar co despropósito dun modelo de saneamento insostible económica e medioambientalmente exixindo responsabilidades ao Estado, propietario da infraestrutura, discuten por decidir a que empresa lle entregan a xestión do servizo e como lle cobran aos veciños e veciñas o custe do disparate deste sistema de depuración pensado para dar beneficio exclusivamente ás empresas construtoras e concesionarias do servizo.
Ferrol, 20 de abril, 2019.
Coas Ideas Claras
http://ideasclaras.bng.gal/
Ferrol | Web | Facebook | Twitter.
#AgoraGaliza
#AgoraBNG
#Ferrol
Enviado por:
BNG Ferrol
-bngferrol@gmail.com-
20 de abril de 2019 12:56
______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon