xoves, abril 04, 2019

O Silencio doutros, gañadora do Goya á Mellor Película Documental, chega á 2TV, a tele pública, hoxe 4 de abril, ás 10 da noite - A película acompaña a loita silenciada de vítimas e supervivintes do réxime franquista que, a día de hoxe, seguen buscando xustiza


O Silencio doutros, gañadora do Goya á Mellor Película Documental, chega á 2TV, a tele pública, o 4 de abril ás 22 h. A película acompaña a loita silenciada de vítimas e superviventes do réxime franquista que, a día de hoxe, seguen buscando xustiza.

Nun momento político e social clave, esta é unha oportunidade única para continuar un debate e levar a primeira plana unha conversación necesaria e urxente sobre memoria e xustiza.

Por iso pedimos o voso apoio: queremos que o máximo número de persoas concéntrense fronte ao televisor o 4 de abril de 2019 ás 22h para demostrar o enorme apoio a vítimas e superviventes, e romper o silencio e a impunidade. Axúdanos a que con esta emisión gratuíta na televisión pública, O Silencio doutros se converta no berro de todxs.

O 4 de abril enchamos todos os recunchos de xustiza e dereitos humanos. Fagamos memoria, #RompamosOSilencio.

O equipo do Silencio dos utros

Título orixinal: "El silencio de otros" | 2018. | Duración: 95’ | Almudena CarracedoRobert Bahar, son os directores e gionistas.

Sinopse: Documental que revela a loita silenciada das vítimas do longo réxime de Francisco Franco, que continúan a procurar xustiza até os nosos días. Filmado ao longo de seis anos, o filme segue a vítimas e os superviventes do réxime a medida que organizan a denominada Querela arxentina e confrontan un pacto do esquecemento sobre os crimes que padeceron.

Premios: 2018: Festival de Berlín: Premio do Público Mellor Documental (Sección Panorama). | 2018: Premios do Cine Europeo: Nomeada a mellor documental. | 2018: Premios Goya: Mellor documental
Enviado por:
Inácio GZ
-inaciogz@gmail.com-
4 de abril de 2019 18:51

____________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon