Proxeción do documentario "O Segredo da Fouxeira", dentro dos Foros da Veiga 2019, en Narahio (San Sadurniño) e coloquio co profesor, historiador e investigador Enrique Barrera Beitia - Sábado 27 de abril, ás 8 da tarde.
Un documentario dirixido por Xosé Abad en 2009.
O Acto está organizado pola Asociación Veciñal de Narahio "O Castelo", na xornada sobre a Represión Franquista na Comarca.
Localización do Local da Veiga (Narahio), onde se celebrará o acto | Ir a páxinas Galegas.
Sinopse: A familia do último alcalde democrático do Concello de Serantes (Hoxe integrado no de Ferrol), na II República enfróntase á memoria do seu asasinato. Alejandro Porto Leis foi fusilado en compañía de tres veciños que lle prestaron auxilio cando fuxía dunha morte segura. Delatárao un médico amigo ao que acudira en lamentable estado de saúde. Despois de ser brutalmente torturado fusilárono o 1 de febreiro de 1938 na praia da Frouxeira (Valdoviño) xunto aos seus veciños Modesto del Rio, Avelino Landeira e Jesus Miño. Os corpos das catro vítimas aínda non foron hoxe recuperados.
http://www.osegredodafrouxeira.com/
--
Asociación Memoria Histórica Democrática
http://www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
No facebook: Memoria Historica Democratica
No twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
21 de abril de 2019 17:07
_______________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon