martes, maio 07, 2019

Roteiros para Ferrolanear: 25 de maio Ferrol coas Irmandades da Fala



ROTEIROS PARA FERROLANEAR
FERROL COAS IRMANDADES DA FALA


«Porque na instrución ten que estar con certeza o que nos torne verdadeiramente libres; o que nos torne verdadeiramente sinxelos e xustos» Manuel Fernández Barreiro (1928)

Ferrol tivo unha grande pegada na xestación e desenvolvemento das Irmandades da Fala desde o 15 de abril de 1917 (ano da súa creación): tratouse dunha verdadeira escola de activista en prol da cultura galega e o republicanismo.

A lingua foi o medio para espertar a conciencia nacional; o obxectivo foi estender o uso do galego na escrita e na fala. Todo por Galiza e para Galiza.

O roteiro é un paseo que transcorre polas rúas que aínda falan dos lugares e dos fitos máis significativos deste movemento, tamén da música galega e das persoas da cultura e da arte relacionadas coas Irmandades da Fala nesta cidade.

Saída da Praza de Amboaxe o 25 de maio as 11:00 h.
Inscripcións: cultura.ferrol@udc.gal ou no tfno. 881 013 697
Actividade de balde.


Roteiro que esta a organizar a Universidade da Coruña en colaboración con Rexenerando.



Roteiros para Ferrolanear. Ferrol coas Irmandades da Fala
www.udc.es


REXENERANDO S.COOP.GAL

+ Info


Enviado por:
Cultura Ferrol
-cultura.ferrol@udc.es-
7 de maio de 2019 20:11
____________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon