Rosalía de Castro, convidada de honor na biblioteca de Pontedeume
A Biblioteca municipal de Pontedeume acollerá o venres 21 de xuño ás 8 da tarde a presentación do libro ilustrado Rosalía de festa, unha viaxe ao Seixo do século XIX. Escrito por Anxos García Fonte e ilustrado por Carlos Sardiña, trátase dun relato gráfico que explica a conexión de Rosalía de Castro e O Seixo (Mugardos) e as razóns que levaron á famosa autora de Cantares gallegos a escribir un poema dedicado “á festa do Seixo na beira do mar”. Os autores explicarán as circunstancias que rodearon a publicación deste poema e as implicacións que pode ter no coñecemento da vida e obra de Rosalía de Castro. Ademais, mostrarán os desafíos que atoparon durante o proceso de creación da parte artística do libro.
http://www.colectivoterra.gal/
Enviado por:
Colectivo Terra
-colectivoterra@gmail.com-
19 de junho de 2019 09:27
____________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon