Foto da xornada da Andaina do domingo 18 de xuño de 2017 |
X Andaina de POR+VIDA para o domingo 16 de xuño de 2019, en Fene
O vindeiro domingo, en xornada de mañá, a Asociación oncohematolóxica POR+VIDA vai celebrar a décima Andaina con gallo do 11º Aniverario do comezo do Programa de Educación Oncolóxica no concello de Fene a cargo de José Barcia Tuccelli. Dito programa segue a impartirse no pavillón de San Valentín.
A xornada vai estar presentada por Dani Ríos, que xa leva participando en varias ocasións ao longo destes anos de celebración con diferentes roles.
O emprazamento sigue sendo, como en anos anteriores, na praza Alcalde Ramón Souto Glez. (xunto a casa consistorial de Fene).
Engadimos os horarios co programa desta data:
➤10.00 a 10.30 horas ➮ Recollida de dorsais e benvida.
➤10.30 a 11.30 horas ➮ Andaina cun percorrido doado dunha hora polas parroquias de Fene e Perlío (é circular - mesmo punto de inicio e saída).
➤11.30 a 12.30 horas ➮Xincana para as nenas e nenos (de 3 a 6 anos con entrega de premios).
➤12.30-13 horas ➮ Actuación musical e remate xornada con sorpresas.
E como en anteriores ocasións o recadado irá para axudar a loitar contra o cancro, sexa en proxectos de investigación como nos últimos anos de Medicina Xenética, é dicir, á Fundación Ramón Domínguez para o grupo IDIS de Xenética que traballa na Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
Tamén aproveitamos para lembrar que este ano volvemos a participar na Carreira da Muller na Coruña prevista para o domingo 22 de setembro. Para máis información contactar no mail da asociación.
--
por + vida
Asociación oncohematolóxica
Tlf. 650 812 030
pormaisvida2011@gmail.com
pormaisvida2011.blogspot.com
Enviado por:
Asociación Oncohematolóxica POR+VIDA
-pormaisvida2011@gmail.com-
11 de junho de 2019 00:31
________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon