Proxección Documental "Los labios apretados" de Sergio Montero, sobre a Revolución de Asturias de 1934.
Ateneo Ferrolán
Venres día 12 de xullo ás 20 h.
SINOPSE CURTA
Sergio, o fillo dun mineiro asturiano emprende unha viaxe a Buenos Aires sen saber que, en paralelo, inicia outra viaxe: o da memoria. Alí descobre un acontecemento histórico de talla mundial que ocorreu á beira da súa casa. E en ningunha clase de Historia contáranlle nada… O mozo navega a ambos os dous lados do océano perseguindo o ronsel daquela revolución do ano 34; que aínda que escoitou nomear algunha vez aos anciáns do seu pobo natal, descoñece por completo.
"Los labios apretados" foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada "cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións".
Recentemente o documentalista asturiano Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía nun documental no SOUTH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 pola súa ópera prima Os Beizos Apertados foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes.
Máis info: https://www.facebook.com/los.labios.apretados.el.documental/
#Ferrol
--
Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)
TWITTER: @ateneoferrolan
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
8 de julho de 2019 11:55
__________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon