Homenaxe aos represaliados de Cedeira en Ferrol
mércores 18 de decembro de 2019
O 18 de Decembro de 1936, no Castelo de San Felipe foron executados 13 veciños de Cedeira e un de Cabanas, condenados pola súa defensa dos principios democráticos e de progreso e por negarse a secundar un golpe militar contra o gobernó republicano legalmente elexido por vontade popular.
O mércores 18 de decembro a Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática coa veciñanza de Cedeira e Ferrol que desexe sumarse, conmemorando o 83 aniversario deste triste suceso, realizaremos unha sinxela homenaxe e ofrenda floral, que comezará ás 10 da mañá fronte ao Instituto de Canido (Antigo Cemiterio de Ferrol) para percorrer posteriormente, por medios propios, o Castelo de San Felipe e o Cemiterio de Serantes.
Serán lembrados neste acto, ademais dos cedeireses fusilados en San Felipe e soterrados en Serantes, os paseados en Canido e alí sepultados.
San Felipe 18.12.1936
(Condenados a morte “por rebelión militar”, na causa 296/36, en Consello de Guerra celebrado no Cuartel de Zapadores o 4.12.1936)
➤ Enrique Alonso Teijeiro
Ferrol, 1913. Mestre. Solteiro.
➤ Adolfo Bouzón Teijeiro, “O Noia”
Cedeira, 1908. Mariñeiro. Casado. 3 fillos.
➤ Antonio Castillo Domínguez
Monesterio (Badajoz), 1896. Veterinario. Viuvo. 2 fillos.
➤ José Cipriano Durán Fraguela
Cervo, 1907. Labrego. Casado. 1 fillo. 2º Tte. Alcalde.
➤ Manuel Fernández Freijeiro
Pontedeume, 1876. Militar, retirado, do Corpo de Intendencia. Casado. 8 Fillos.
Alcalde de Cedeira.
➤ Ginés Fernández Rodríguez
Ferrol, 1910. Solteiro. Estudante e Deportista. Fillo do anterior.
➤ Miguel Fernández Santos
Madrid 1905. Funcionario de Correos.
➤ Isaac Forneiro Varandela
Ourense, 1897. Mestre e Empregado do Banco Pastor. Casado.
➤ Antonio Iglesias Freire
Cedeira 1912. Mariñeiro. Solteiro.
➤ José Lago Beceiro
Cedeira 1909. Labrego. Solteiro. Concelleiro.
➤ Enrique Martínez Teijeiro
Narón 1895. Veciño de Cedeira. Conductor de autobús. Casado.
Rufino Redondo Senra
Mera – Ortigueira, 1912. Mestre. Casado. 1 Fillo.
Membro do Comité de Resistencia de Cedeira
➤ Francisco Rodríguez N., “Cascarrón”
Cedeira 1914. Barbeiro e Músico. Casado. 1 fillo.
Xunta eles foi asesinado tamén
➤ Antonio Ameneiro Brage, natural e veciño de Cabanas, de 57 anos, casado, que fora condenado por rebelión militar en Consello de Guerra celebrado o 5 de Decembro no Cuartel de Zapadores da Porta Nova.
San Felipe, 25.12.1938
(Condenados en Consello de Guerra de 21.12.1938)
➤ Andrés Braña Rodríguez “O Carrizo”
Ferrol 1910. Veciño de Cedeira. Mariñeiro. Casado.
Xunta el foi xulgado e fusilado Manuel Orjales Bouza, de Cerdido. 36 anos, solteiro.
Cemiterio de Canido
Paseados o 25de Agosto de 1936
➤ José Ambrós Gordillo
Alburquerque, 1900. Mestre. Casado
➤ Jesús Lourido Arriví, “O manco de Diamantel”
Cervo – Cedeira 1909. Mariñeiro e Labrador. Casado, 2 fillos.
3º Tte de Alcalde de Cedeira.
➤ Adolfo Rodríguez Yáñez
Cedeira, 1898. Veciño de Cedeira. Funcionario Xudicial.
➤ José Vergara López
Cedeira 1900. Labrego. Casado. 2 fillos. Síndico do Concello de Cedeira.
Sustituíu ao Alcalde por enfermidade o 19.07.1936.
Paseado o 5 ou 6 de Setembro de 1936
➤ Bernardino Díaz García
Cervo 1904. Xornaleiro. Casado. 3 fillos
➤ Xenro de Manuel Díaz García e concuño de Xosé Meixide, paseados en Riveiras do Sor.
Condenados en Consello de Guerra
e fusilados o 4 de xaneiro de 1942
➤ Modesto Freire Fernández “O fillo das Pepitas”
Mera (Ortigueira) 1908. Carpinteiro. Solteiro. Veciño de San Román.
➤ Manuel Freire García
Piñeiro-Cedeira 1902. Mariñeiro. Casado.
Asasinado no Cuartel da Garda Civil de Ferrol
o 31 de maio de 1949
➤ Jesús Lago Díaz
Esteiro, Cedeira 1905. Zapateiro. Solteiro.
--
Visita as nosas páxinas web:
www.memoriahistoricademocratica.org
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com
en facebook:Memoria Historica Democratica
en twitter: Memoria Ferrol @memoriaferrol
Enviado por:
Memoria Histórica Democrática
-memoriahistoricademocratica@gmail.com-
16 de dezembro de 2019 08:45
________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon