xoves, xaneiro 16, 2020

De fondo Reganosa: Grave accidente nunha planta petroquímica en Tarragona - polo de agora tres persoas morreron e varias feridas - A detonación foi tan forte que desprazou pezas de varios centos de quilos a varios quilómetros de distancia, unha das mortes produceu-se polo impacto dunha desas pezas

Explosión en IQOXE, empresa da industria química da Canonja

Despois de dous días vagando, sen rumbo, diante das costas do golfo Ártabro, agardando a que amainara o temporal, o buque ruso "Boris Vilkitsky LNG", navegando baixo bandeira de conveniencia de Cyprus (Chipre), non puido entrar na Ría, até o mesmo día 31 de decembro, para atracar e descargar as ducias de miles de toneladas de LNG, na ilegal e perigosa Reganosa, pasou o fin de ano e até tres día despois non puido volver a zarpar, polo mal tempo. Outro tanto estaba-lle a pasar, este martes 14 de xaneiro, ao buque "LNG Madrid Spirit" que non puido entrar no día previsto e andaba sen rumbo fixo a varias millas da costa Ártabra, até que hoxe mércores 15, entrou a última hora da tarde, case ás 8 arribaba ao porto de Mugardos, na punta Promontoiro, axudado polos catro remolcadores de quenda. A regasificadora, construída no corazón da nosa Ría, ao amparo da corrupción política e económica, está contigua a unha petroquímica que almacena centos de miles de produtos tóxicos e inflamábeis, e a unha central de coxeneración eléctrica (Forestal del Atlántico - Imegasa).

Onte na concentración sonora, de denuncia, que realiza o Comité Cidadán de Emerxencia, sempre que entra un gaseiro, para deixar a súa carga de gas natural licuado (GNL), na perigosa e ilegal Reganosa, chegaba-nos a nova do accidente producido nun complexo petroquímico en Tarragona. Unha grande explosión con defragación de materiais desprazados a varios quilómetros de distancia; inmenso incendio; varios mortos e feridos; e a indignación da veciñanza ante o perigo e a falta de seguridade.

Complexo petroquímico en Mugardos (Forestal del Atlántico, Imegasa e reganosa).

De fondo Reganosa: Grave accidente nunha planta petroquímica en Tarragona

A deflagración, percibida a quilómetros de distancia causou un gran incendio e unha gran columna de fume visíbeis desde Cambrils ou Reus, a un 15 km de distancia.

Protección Civil decretou o confinamento preventivo dos municipios da Canonja e Vila-seca e pediu aos cidadáns que pechen "portas e xanelas".

Renfe interrompeu a circulación de trens nos tramos que van de Tarragona a Reus e de Tarragona a Port Aventura, o que afecta as liñas R13, R14, R15, R16 e R17, así como a RT1 e a RT2.

IQOXE é o único produtor de Óxido de Etileno en España, cunha capacidade instalada de 140.000 toneladas anuais, e o 50% desta produción está destinada á fabricación de Glicol, unha das principais materias primas para a produción dos polímeros PET

Polo de agora tres persoas morreron e varias feridas. A detonación foi tan forte que desprazou pezas de varios centos de quilos a varios quilómetros de distancia, unha das mortes produciu-se polo impacto dunha desas pezas. É inevitábel para o Comité Cidadán de Emerxencia non relacionar estes tráxicos sucesos coa potencialidade dunha traxedia moito maior caso de producirse un accidente na bomba que supón a Planta de Gas de REGANOSA e o seu perigoso tráfico de gaseiros no interior da nosa Ría, ao pé das nosas vidas, dos milleiros de vidas que nun radio letal de 3 km sofrermos a ameaza desde hai case 15 anos.

Terceira morte confirmada trala explosión en Tarragona

A vítima é un traballador da empresa afectada, IQOXE, e foi trasladado a Vall de Hebrón con graves queimaduras no corpo.

O ferido crítico pola explosión da industria química da Canonja, morreu este mércores pola tarde no Hospital Vall de Hebrón, segundo confirmaron fontes do centro sanitario. A vítima é un traballador da empresa afectada, IQOXE, e foi trasladado a Vall de Hebrón con graves queimaduras no corpo como consecuencia da explosión.

Outra vítima é outro traballador da empresa, o corpo do cal foi atopado polos Bombeiros este mércores pola mañá. Ademais, dous feridos máis continúan ingresados, un na Vall de Hebrón, en estado moi grave, e outro no Hospital Joan XXIII de Tarragona, que está grave pero estábel.

Unha placa que saíu disparada

A victima mortal foino ao derrubarse parcialmente o piso no que residía, situado no barrio tarraconsense de Torreforta. O edificio de 5 plantas foi desaloxado.

As primeiras investigacións apuntan a que o veciño de Torreforta morrería tralo impacto por unha peza que saíu disparada durante a deflagración. O suceso tivo lugar na praza García Lorca do barrio de Ponent. Albert Ventosa, responsable da rexión de Emergències de Tarragona, explicou que ese proxectil, probablemente unha placa metálica, sería a causa do falecemento, que xerou diversos danos no edificio. O forte impacto provocou o afundimento de parte do chan dun terceiro piso, que cedería cara ao segundo, onde residía a vítima. Algúns veciños relataron como viran e sentido que un proxectil entraba no edificio, situado a uns tres quilómetros de distancia da explosión.

Outro 'proxectil' da explosión aterrou no Port de Tarragona

Varias pezas de gran tamaño foron atopadas en moitos lugares dos municipios próximos á petroquímica

As fotos de pezas e fragmentos de maquinaria sucédense nas redes e os teléfonos móbiles dos tarraconenses. E é que, máis aló da prancha dunha tonelada que saíu disparada trala explosión e que resultou na morte dun veciño de Torreforta, é moita a 'metralla' que acabou repartida polos barrios próximos á petroquímica.

Entre estes, unha válvula de 1,5 metros de alto por 50 centímetros de ancho e cun peso de 300 quilos, que voou case 1 quilómetro ata o Porto de Tarragona. Como apuntan fontes da instalación, o primeiro impacto contra o chan provocou un buraco de dous metros de longo por 80 centímetros de ancho, así como unha profundidade de máis de 30 centímetros.

O COMITÉ CIDADÁN DE EMERXENCIA PARA A RÍA DE FERROL, TAMÉN NECESITA NESTES MOMENTOS AXUDA ECONÓMICA, PARA CONTINUAR COS PROCESOS XUDICIAIS E ADMINISTRATIVOS ABERTOS: COLABORA.

Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
comitecidadan@gmail.com
www.comitecidadan.org
@ComitCEmerxenc

Información baseada na enviada polo:
Comite Cidadan de Emerxencia
-comitecidadan@gmail.com-
15 de janeiro de 2020 11:56
__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon