ACORDOS DE INAPLICACIÓN CONVENIO DO METAL EN TECMAN, INTAF E SINCRO
O Sindicato Comarcal de CCOO Industria na comarca de Ferrol temos que trasladar unha información que nos chegou o pasado 26 de decembro de 2019. Como sindicato firmante do Convenio do metal chegáronnos vía Comisión Paritaria do Convenio uns acordos de inaplicación do Convenio do Metal nas empresas TECMAN, INTAF e SINCRO.
Os acordos de INAPLICACIÓN do Convenio do metal parten dunha proposta da Empresa trasladada o 11 de xuño, levada a asemblea o 26 de xuño, firmados tales acordos o 27 de xuño, e trasladados á Comisión Paritaria o 26 de decembro.
Os acordos consisten en:
- Este acordo tivo vixencia do 1 de xuño de 2019 a 31 de decembro de 2019, e se emprazan a negociar un novo acordo que non sabemos si existe xa.
- @s traballadores/as das empresas TECMAN, INTAF e SINCRO non poderán optar por cobrar as horas extras realizadas.
- As horas extra en días laborables (incluídas as nocturnas deses días) se compensarán con 1h.15min de descanso.
- As horas extra en días non laborables (incluídas as nocturnas deses días) se compensarán con 1h.30min. de descanso.
Dende CCOO Industria Ferrol entendemos que:
⇾ Empresas locais, co seu empresario á cabeza, que se venden como exemplares, son unha vez máis exemplo da precarización e recorte de dereitos.
⇾ Este tipo de acordos de INAPLICACIÓN do Convenio van en contra d@s traballadores/as desas empresas, así como de tódol@s traballadores/as que loitaron para acadar este Convenio do Metal que algúns sindicatos calificamos de histórico.
⇾ CCOO Industria Ferrol descoñecíamos este acordo ata este 26 de Decembro no momento que se informa á Comisión Paritaria.
⇾ CCOO Industria Ferrol valoramos negativamente este acordo que incluso ataca ao artigo 35.1 do Estatuto dos Traballadores. Así mesmo agardamos que non se de ningún novo acordo de inaplicación de convenio, tal como o propio acordo prevé.
⇾ Estos acordos tentan esquivar o límite de horas extras, xa tivemos algún litixio contra este Grupo empresarial por non pagalas. E por riba o acordo non inclúe como se regula o uso das mesmas, nin o tempo para collelas pois segundo o Estatuto dos Traballadores hai 4 meses para gastalas despois da xeración das mesmas.
⇾ CCOO Industria Ferrol trasladaremos á Dirección de Navantia dita situación e que estamos totalmente en contra da contratación de empresas que vulneran os convenios sectoriais, e máis neste caso o Convenio do Metal de A Coruña que tanto costou acadar e do que tod@s estamos orgullosos polos avances que se acadaron. Ademais de que supón competencia desleal dende o momento que esta empresa fai unha oferta baixo unhas condicións e non as respeta, pois non é un acordo complementario ou unha opción a elección do traballador, senón a vulneración dunhas condicións reguladas por convenio.
⇾ CCOO Industria Ferrol instamos a que a Dirección de Navantia tome medidas contra este tipo de situacións actuais e futuras, coa rescisión dos contratos actuais que ditas empresas teñan con Navantia e descartando das licitacións de pedidos a calquer empresa que teña un Acordo de Inaplicación de Convenio.
Ferrol, a 11 de xaneiro de 2019.
Enviado por:
ROBERTO VILLASUSO VAZQUEZ
-rvillasuso@industria.ccoo.es-
11 de janeiro de 2020 18:07
_____________
Enlaces relacionados
Unión Comarcal de Ferrol:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/menu.do?O_teu_sindicato:Unions_Territoriais:Ferrol
SIndicato Nacional de CCOO de Galicia:
http://www.ccoo.gal/webgalicia/
Federación de Industria de CCOO:
http://www.industria.ccoo.es/Galicia
Confederación Sindical de Comisión Obreiras:
https://www.ccoo.es/
_________________________
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon