Juventino Trigo é parabenizado por veciños e veciñas finalizado o pleno extraordinario. (Iago Varela) |
O PP perde a Alcaldía de Fene, que pasa ao BNG
Juventino Trigo pasa ser o novo alcalde ao ser aprobada a moción de censura presentada por nacionalistas, PSOE e Esquerda Unida.
Juventino Trigo (BNG) volve á Alcadía de Fene. O rexedor nacionalista fora despoxado do bastón de mando en 2018 por unha moción de censura presentada polo PP e Somos Fene, unha marea local desautorizada por En Marea. Nas eleccións de 2019, o BNG atinxía 6 representantes, os mesmos que PP, PSOE lograba 4 e Esquerda Unida 1. A Alcaldía fora parar o candidato popular, Gumersindo Galego.
Esta sexta feira, a moción de censura presentada por BNG, PSOE e EU saíu adiante no pleno extraordinario e afastou do poder a Gumersindo Galego, ao que a até agora oposición responsabilizaba de dirixir “un goberno agónico, sen orientación, sen apoio interno nin externo e cunha xestión moi negativa para o pobo de Fene". “Parou en seco a actividade e xestión administrativa", e "foi incapaz de impulsar actividades e proxectos máis aló do que viña facendo por inercia", denunciaban.
A moción de censura saiu adiante con 9 votos a favor e 6 en contra. O novo alcalde prometeu o cargo "por imperativo legal" e apelou a traballar para "a rexeneración política de Fene.
Juventino Trigo (BNG) novo alcalde de Fene pic.twitter.com/yNcc6VegAg —Publicado en Nós Diario | 07.02.2020
patricia hermida (@Patri_Hermida)
February 7, 2020
_______
Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.
Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.
Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon