xoves, febreiro 13, 2020

Presentación do libro 'Homenxa a Santiago Alvarez (1913-2002)' - O libro dos amigos, camaradas e admiradores - Venres día 14 de febreiro ás 7 da tarde. no #AteneoFerrolán


Venres día 14 de febreiro ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Presentación do libro "Homenxa a Santiago Alvarez (1913-2002)"
o libro dos amigos, camaradas e admiradores.


Interveñen:

Manuel Peña-Rey Bouzas (Presidente de Honra do PCG e Coordinador da biografía).
Carlos Portomeñe Pérez (Ex-Secretario Xeral do PCG)

Coa publicación desta obra o Partido Comunista quere render tributo á figura do comunista ourensán Santiago Álvarez Gómez, dirixente histórico do PCG do que foi fundador e primeiro secretario xeral.

A súa traxectoria, dende a labor desempeñada na organización do campesiñado galego a partir do ano 31, a súa participación como como comisario político na Guerra Civil ou o seu papel decisivo na dirección e rearticulación do Partido Comunista, son imprescindibles para comprender a historia do movemento comunista en Galicia e España.

No libro recóllese unha selección das miles de páxinas das súas memorias e da súa obra “Castelao y nosotros los comunistas”, numerosas colaboracións por parte de amigos e camaradas, unha reseña biográfica elaborada polo historiador Víctor Santidrián, así como un epílogo do profesor Alonso Montero. A coordinación da edición e o prólogo corresponde a Manuel Peña-Rey con ilustracións do pintor Xaime Quessada.

Ateneo Ferrolán
Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade.


e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 - 644.720.055
Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204. CP.15402 | Ferrol (Galiza)

Síguenos:
TWITTER: @ateneoferrolan
BLOG: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com/
FACEBOOK:
Faite soci@ on line! Colabora con nos!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2007/12/faite-soci.html

Enviado por:
Ateneo Ferrolán Fundado en 1879
-ateneoferrolan@gmail.com-
10 de fevereiro de 2020 13:01

__________________


Por favor, o contido do seu comentario debe estar relacionado co asunto do artigo.

Prega-se o maior respecto coas persoas, polo que ataques persoais e insultos serán eliminados.

Por favor, non use os comentarios, só para facer propaganda do seu sitio ou será eliminado.
EmoticonEmoticon